PRÓXIMOS ENCONTROS (SEMANA GRANDE DO SAN FROILÁN)

BENXAMÍNS

ESCLAVITUD – FURIA; sábado 4, hora 12.00, campo do Doce – Cruces.

 

ALEVÍNS

ABANQUEIRO “B” – FURIA; sábado 4, hora 10.00, campo de Vista Alegre – Boiro.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – BASTAVALES; domingo 5, hora 17.00, campo R. Diéguez de Pontecesures.

San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.346 habitantes (708 mulleres e 638 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.382 habitantes.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/thumb/d/d4/Bastabales_Igrexa_05eue.jpg/1024px-Bastabales_Igrexa_05eue.jpg  San Xulián de Bastavales

San Salvador de Bastavales é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 253 habitantes (138 mulleres e 115 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 242 habitantes.

No ano 1851, San Salvador de Bastavales deixa de existir como parroquia, sendo repartida entre San Xulián de Bastavales (os lugares de Soutullos e San Salvador) e Santa María dos Ánxeles (o resto dos lugares).

No ano 1908 xa existía o Centro Social, Agrícola e Pecuario de Bastavales. En 1933 constituíuse o Sindicato Republicano agrícola y pecuario de San Julián y San Salvador de Bastavales, que contaba con sede propia no lugar de Soutullos. O edifico foi restaurado recentemente polo concello.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/82/San_Salvador_de_Bastavales%2C_Bri%C3%B3n.jpg/640px-San_Salvador_de_Bastavales%2C_Bri%C3%B3n.jpg  San Salvador de Bastavales

 

 

https://scontent-b-cdg.xx.fbcdn.net/hphotos-xpf1/v/t1.0-9/10174811_297689430397413_7942011849289833152_n.jpg?oh=0b80212686d29ae24a6261f1e300baed&oe=5482EE34

Bastavales UD campión de liga 2013 / 2014

   Campanas de Bastabales:
cando vos oyo tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oyo tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno á chorar.

Cando de lonxe vos oyo,
penso que por min chamades,
e d’as entrañas me doyo.

Dóyome de dor ferida,
qu’antes tiña vida enteira
y hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que d’aló me trouxeron
os que d’aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Qu’os amores xa fuxiron…
As soidades viñeron…
De pena me consumiron.  

            http://www.escudosdefutbol.stg7.net/galicia/galiter7/Bastavales.jpg

   
 

SEGUNDA AUTONÓMICA (4ª XORNADA)

DOMINGO 28 DE SETEMBRO “VÉSPERA DO SAN CAMPIO DA SERRA”

CAMPO MPAL. RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTECESURES ÁS 17.00 HORAS

( San Campio: A romaría de San Campio é unha das máis famosas romarías non só de Outes, senón tamén dos concellos limítrofes. Esta celébrase na igrexa parroquial de San Ourente, na que se gardan as reliquias do santo, o día 29 de setembro )

 

http://3.bp.blogspot.com/-JWH_0c0jjH8/T7_6FTesHaI/AAAAAAAAAEc/5kU6QG1jGR4/s400/DSC_0107.jpg

Unha muller pasa un pano roxo pola imaxe de San Campio

 

FURIA AC – CD DODRO

O equipo do Dodro naceu no verán do ano 2000 da man de, entre outros, Ramón Abuín Gómez (alguacil do concello de Dodro) como continuación do CD Bacelos, que a súa vez tamén foi continuación do Laíño CF, histórico club de fútbol dodrés, que chegou a xogar en 1ª Rexional e a gañar 3 Copas do Sar. Chegou a ter unha sección independente de Voleibol.

 

Como chove miudiño,/ como miudiño chove,/ pola banda de Laíño,/ pola banda de Lestrobe.
“Como chove miudiño”, Cantares Gallegos (1863). Rosalía de Castro.

http://static.wixstatic.com/media/4fe2cf_6f3681be3338497aa9b57e0c1b7c6a60.png_srz_362_347_85_22_0.50_1.20_0.00_png_srz¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!

 

SEGUNDA AUTONÓMICA (PRÓXIMA XORNADA)

 UD QUEIRUGA – FURIA AC

Domingo 21, ás cinco da tarde, no campo de Goirís – Queiruga (Porto do Son).

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Igrexa_parroquial_de_Queiruga%2C_Porto_do_Son%2C_Galicia_%28Spain%29.jpg/320px-Igrexa_parroquial_de_Queiruga%2C_Porto_do_Son%2C_Galicia_%28Spain%29.jpg

Santo Estevo de Queiruga é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 854 habitantes (403 homes e 451 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación. Lugares desta parroquia son Gouris, Goltar, Coba da Braña, A Ponte, O Campo, Tarela, Tarrio, Seiras e Porto Nadelas.

Conta con tres pequenas praias, sendo a máis grande a de Seiras. A praia do Dique pode deber o seu nome ó afundimento dun barco dese nome nese lugar. Comunícase a través da estrada AC-550, que a cruza no tramo RibeiraPorto do Son.

 

http://guias.masmar.net/var/masmar/storage/images/gu%C3%ADas/playas/galicia/praia-de-rio-maior-o-dique-porto-do-son/praia-de-rio-maior-o-dique-porto-do-son/261430-1-esl-ES/Praia-de-Rio-Maior-O-Dique-Porto-do-Son.jpg   

 

Praia do Dique en Queiruga, moi frecuentada pola xente do Furia.

 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 2 (Mario, 1 – 3 e Manu Carro, 2 – 4)

SÁLVORA – 5

Un Furia plagado de baixas entregoulle o partido o Sálvora ó  perder nos primeiros trinta minutos por 0 a 3, resultado co que se iría ó descanso.

No minuto 52 Mario acortaría distancias : 1 – 3.

No minuto 55 volve a marcar o Sálvora : 1 – 4.

No minuto 82 Manu Carro anota o 2 a 4, creando unha pequena ilusión no numeroso público asistente a este encontro.

No minuto 85 Lucas envía o balón ó poste, xerándose na mesma xogada varios “uuuiiissss”  que a inchada coreaba co ánimo de que entrara a pelota, mais esta non quixo pasar a linea de gol; quedaban cinco minutos e o Furia é capaz de calquera cousa.

Xa co tempo en desconto, co Furia totalmente envorcado na meta rival, o Sálvora poñería o marcador final en 2 a 5.

O Furia mereceu bastante mais na segunda parte pero o que manda é o resultado final.

Domingo vémonos en Queiruga. 

http://www.emoticonos.biz/thumbs/104.gif ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!

 

 

PRIMEIRA XORNADA SEGUNDA AUTONÓMICA 14 / 15

TARAGOÑA – 1 / FURIA – 1 (Manu Isorna, 1 – 1 )

Primeiro encontro da temporada disputado ante numeroso público no Comunal da Lomba nunha tarde de temperatura case perfecta. Non choveu.

Resultado positivo ante un dos “caponciños” da categoría que se adiantou no marcador na primeira metade.

Na segunda parte empataría Manu Isorna de penalti cometido sobre Manu Carro, lanzando o balón a dereita do porteiro local.

O domingo recibiremos ó Sálvora (aínda non sabemos onde – pendentes da resposta do Concello de Valga-) que, como cabe de esperar, será un dos candidatos ó ascenso.

 Mostrando IMG-20140907-WA0000.jpg

 Primeira alineación:

 De pé, de esquerda a dereita : Lucas, Manu Isorna, Manu (c), José Javier, Diego e Toño.

 Aniñados, de esquerda a dereita : Pepe, Nacho, Maleko, Manu Carro e Quique.

 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!!!