SEGUNDA AUTONÓMICA (4ª XORNADA)

DOMINGO 28 DE SETEMBRO “VÉSPERA DO SAN CAMPIO DA SERRA”

CAMPO MPAL. RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTECESURES ÁS 17.00 HORAS

( San Campio: A romaría de San Campio é unha das máis famosas romarías non só de Outes, senón tamén dos concellos limítrofes. Esta celébrase na igrexa parroquial de San Ourente, na que se gardan as reliquias do santo, o día 29 de setembro )

 

http://3.bp.blogspot.com/-JWH_0c0jjH8/T7_6FTesHaI/AAAAAAAAAEc/5kU6QG1jGR4/s400/DSC_0107.jpg

Unha muller pasa un pano roxo pola imaxe de San Campio

 

FURIA AC – CD DODRO

O equipo do Dodro naceu no verán do ano 2000 da man de, entre outros, Ramón Abuín Gómez (alguacil do concello de Dodro) como continuación do CD Bacelos, que a súa vez tamén foi continuación do Laíño CF, histórico club de fútbol dodrés, que chegou a xogar en 1ª Rexional e a gañar 3 Copas do Sar. Chegou a ter unha sección independente de Voleibol.

 

Como chove miudiño,/ como miudiño chove,/ pola banda de Laíño,/ pola banda de Lestrobe.
“Como chove miudiño”, Cantares Gallegos (1863). Rosalía de Castro.

http://static.wixstatic.com/media/4fe2cf_6f3681be3338497aa9b57e0c1b7c6a60.png_srz_362_347_85_22_0.50_1.20_0.00_png_srz¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *