SEGUNDA AUTONÓMICA

DODRO – 3

FURIA – 3 (Manu Carro, 1 – 1; Manu Isorna, 1 – 2 e Nacho, 2 – 3).

Campo de Chenlo, Laíño – Dodro. Tarde xélida. Ambiente hostil. Tremendo vocabulario o utilizado polas seguidoras e seguidores do Dodro : para enmarcar.

Dous puntos que nos voaron de xeito inxusto. No minuto 80, co 2 a 3 no electrónico, o porteiro local Iván Pesado,o heroe do encontro, cometeu un terrible penalti sobre o hábil Manu Carro. Cando todo o mundo contaba co típico “penalti e expulsión” o colexiado Pedro Mirazo, que  tivo bastante traballo, sinalou falta en contra. Na seguinte xogada o Dodro empataría o encontro co definitivo 3 a 3.

Aínda tería dúas ocasións o Furia para ganar o partido : unha por medio de Mario e outra, mais clara aínda, nas botas de Nacho, mais, insistimos, o gran porteiro Iván Pesado desbaratounas.                                                                                  

https://scontent-a-mad.xx.fbcdn.net/hphotos-xfa1/v/t1.0-9/10171925_852529124785617_3691002755069230494_n.jpg?oh=99efe7a14a1b96afe67be25f6c96bed0&oe=555127C8  Manu Carro, un dos protagonistas do encontro.

 

Domingo viaxamos a Bastavales …….. a polos

tres puntos e HALA FURIA !!!!!!!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *