PRÓXIMA XORNADA

FÚTBOL SALA “BENXAMÍNS”

EDM DODRO “B” – FURIA AC; venres 27, hora 17:30, Pavillón de Padrón.

 

BENXAMÍNS “F8”

DESCANSO

 

ALEVÍNS “F8”

FURIA – ABANQUEIRO; sábado 28, hora 11:00, Campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – CACHEIRAS; domingo 1, hora 16:45, Campo Municipal R. D. de Pontecesures.

A SD Cacheiras é un club de fútbol vinculada a parroquia de San Simón de Ons de Cacheiras do concello de Teo.

Cacheiras foi escenario moi importante na recente historia de Galicia : “A Batalla de Cacheiras”, que foi un conflito armado que aconteceu o 23 de abril de 1846 na parroquia de Cacheiras (Galicia) entre as tropas liberais galegas e provincialistas ao mando do comandante Miguel Solís e as tropas militares españolas ao mando do xeneral José Gutiérrez de la Concha   sendo raíña de España Isabel II de Borbón. Foi un dos feitos máis importantes e que máis marcaron a historia contemporánea de Galicia.

Por mor da revolta acabarían fusilando ós militares sublevados en varios lugares de Galiza en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados na vila coruñesa de Carral : OS MÁRTIRES DE CARRAL.

http://www.galizacig.gal/imxact/2006/06/1846_levantamento_galiza_miguel_solis_cuetos_590.jpghttp://informatica-infobyte.com/rosaverde/wp-content/uploads/2011/08/mhabanasenadorv.jpghttp://www.plusesmas.com/pictures/biografias/5000/5793.png

Miguel Solís, José Gutiérrez de la Concha, Isabel II e o monumento ós “Martires de Carral”.

Despois desta pequena historia que puido cambiar o rumbo de Galicia imos co fútbol. Esta xornada é moi importante para nos e temos que conseguir a vitoria.

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *