SEGUNDA AUTONÓMICA

CABO DA CRUZ – FURIA

DOMINGO 4, HORA 16.15, CAMPO DE VISTA ALEGRE (BOIRO).

                                                            Resultado de imaxes para furia ac 

Mais, que é Cabo da Cruz?

Cabo da Cruz, mal chamada Cabo de Cruz, é unha aldea mariñeira de Santa María do Castro, parroquia foi constituída no 1929, situada no sur do Concello de Boiro pertencente á Ría de Arousa, a tiro de pedra de Punta Cabalo da Illa de Arousa.

Ten dúas igrexas, a Capela do Carme, preto do porto e construída no 1960, e a Igrexa do Castro, máis grande que a anterior e que é a igrexa parroquial, do século XVII.

O marisco, parte importante da economía de Cabo da Crus.

A maioría da poboación traballa no mar. O porto de Cabo da Cruz está en fase de expansión debido a grande actividade marítima que rexistra. O sector marisqueiro, coa extracción de diversos bivalvos é o sustento dun número importante de familias. Por outra banda tamén está o sector do cultivo de mexillón en bateas (sector maioritario), e o sector conserveiro e transformador de produtos do mar.

No ano 2005 xurdiu un proxecto do artista Cesar Lombera para pintar de mil cores esta aldea mariñeira, pero esta marabillosa iniciativa quedou estancada. Verémola algún día?

http://estaticos01.elmundo.es/elmundo/imagenes/2009/03/25/1237979214_1.jpg Arriba a aldea cas cores actuais. Abaixo cas cores virtuais.

Non queremos deixar pasar esta oportunidade para lembrar a un extraordinario grupo roqueiro de Alcorcón que despois de 24 anos (1992 / 2016) acaban de anunciar a súa separación. Longa vida a Dover !!!!!! 😉

a polos tres puntos e HALA FURIA !!!!!! 😎 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *