LIº EDICIÓN DA COPA DO SAR “TERCEIRA VOLTA”

FURIA – LAMELA

MÉRCORES 6 DE DECEMBRO, HORA 16:00, CAMPO? AÍNDA ESTÁ POR VER. VOLVEREMOS A SOLICITAR O CAMPO MUNICIPAL DE BAÑO – XANZA.                                          CABE LEMBRAR QUE SOMOS O ÚNICO EQUIPO DO CONCELLO QUE SIGUE VIVO NAS TRES COMPETICIÓNS: LIGA, COPA DEPUTACIÓN E COPA DO SAR. SOMOS CARALLUDOS 😎 

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.

Igrexa de San Miguel de Lamela, Silleda.JPG Igrexa de San Miguel de Lamela

San Miguel de Lamela é unha parroquia do concello de Silleda. No ano 2010 tiña 280 habitantes (150 mulleres e 130 homes), distribuídos por once aldeas: Barravaite, A Brea, A Casela, A Codeseira, A Gandarela, A Goleta, Gorís, A Peroxa, Santa Cristina, O Souto e Vilariño.

Debemos destacar desta parroquia a igrexa de San Miguel, a capela de San Marcos e maila fonte da Peroxa. Ademais, nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Lamela. Tamén é moi coñecida polos churrascos alí establecidos.

A Banda de Música de Lamela fundouse no ano 1863. Chegaron a ser máis de 25 membros, pero segundo contan as crónicas: Se supone que no debían tocar demasiado bien, ya que, a donde iban, lo mejor que les podía suceder era escuchar silbidos…. Un dos seus directores foi Ramón de Lago, que se mantivo bastante tempo á fronte da banda. Acabou por disolverse no ano 1915, debido á emigración de parte dos compoñentes a América e á vellez doutros. Ante esta situación, algúns integráronse na de Orazo.

Lembrando vellos tempos, imos ca Banda Municipal de Silleda interpretando o pasodobre do mestre José Oro Val “Rolandito”.

A COPA DO SAR É NOSA…. HALA FURIA!!

 

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *