TERCEIRA GALEGA

AD CRUÍDO – FURIA AC

DOMINGO 12, HORA 16:00, CAMPO MUNICIPAL DA SILVA (LOUSAME)

Aínda que o nome do equipo figura como Cruído, en realidade debería chamarse Croído que é o nome oficial desta aldea da parroquia de San Xoán de Lousame, quen, a súa vez, é a designación oficial do concello de Lousame.

Lousame, terra de pedra e auga, é o único concello do Barbanza que non linda co mar.

O concello de Lousame conformouse como tal en 1836, cando tiña 3.514 habitantes. Foi anexionada a parroquia de San Martiño de Fruíme (que pertencía ao concello de Boiro) e a de San Xoán de Camboño (Porto do Son). Amais, a parroquia de Santa María de Roo, que pertencía á xurisdición de San Xusto, pasou ao concello de Noia.

E Lousame debemos destacar, entre ouros, o seguinte patrimonio: Mosteiro de San Xusto de Toxo Outos, Minas de San Fins, Fábricas de papel….

Outro día falaremos de D. Diego Antonio Cernadas de Castro, cura de Fruíme.

A.D.Cruido Foto oficial do AD Cruído.

Domingo a polos tres puntos e HALA FURIA!! 😎 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *