TERCEIRA GALEGA

OLVEIRA – FURIA

Domingo 17, ás 16.00 horas, no campo das Dunas de Corrubedo (Riveira).

Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Riveira. No ano 2008 tiña 1.228 habitantes (624 mulleres e 604 homes), distribuídos en 19 aldeas das que nove están habitadas.

http://static.panoramio.com/photos/original/90731745.jpg Igrexa románica de Santa María de Olveira.

Olveira foi concello de seu entre 1812 e 1835, cando foi incorporada a Ribeira.

As festas patronais son o 13, 14 e 15 de agosto. O 30 de abril celébrase a festa das Dores no lugar de Sirves. O 4 de xuño é a festa da Angustia en Bretal. O 8 de setembro é a festa do Rosario en Olveira.

O parque natural Dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán é un espazo natural protexido, cunha duna móbil, unha lagoa salgada e outra seca. O monte Tahúme é o punto máis alto da parroquia.

Resultado de imaxes para olveira ribeira Situación xeográfica de Olveira dentro do concello de Riveira.

Domingo a polos tres puntos….. HALA FURIA!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *