TERCEIRA GALEGA

DOMINGO 2, ÁS CATRO E CUARTO, NO CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTECESURES.

FURIA – ARAÑO

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.

Mais, que pasa co Araño?

Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. No ano 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 aldeas, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.

O Agro da Moa, O Batán, Buía, O Campelo, Cantalarrana, A Capela, O Carballal, A Casilla, Cerqueiras, Contrés, A Ermida, A Ferrería, Foxacos, Os Lemos, As Miráns, O Outeiro, A Pontenova, Pousada, O Rabado, O Toural, Traba, A Varela, O Vilar, Os Xens e Os Xufreus son as aldeas que compoñen esta emblemática e histórica parroquia rianxeira.

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcRfRFJXYXejkbnzb5ktH2qQd9L74nl-gKPVFjGUqHNLDbankQOX2g Xunto á casa reitoral da parroquia atópase o meirande hórreo de toda Galicia, en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro, con 2,40 m de anchura e 2,70 m de altura media) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). Foi construído a mediados do século XVII. A estrutura está levantada sobre un balo de pedras graníticas de cachotería.

Emilio Cao compuxo unha preciosa canción adicada á Fonte do Araño.

Fonte do Araño
onde eu de rapaz
a teu carón xogaba no verán.

Onde vai o teu rego, onde vai,
que eu teño sede e non o podo atopar.

Auga da freixa
camiño do meu fogar
baixando pola veiga e polo val.

Fonte do Araño
o tempo pintou no chan
camiños que dan voltas sen parar.

a polos tres puntos e ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *