XA ESTAMOS DE VOLTA

PRIMEIRO PARTIDO DA LIGA 19/20

FURIA – CARREIRA

DOMINGO 29 DE SETEMBRO, ÁS SEIS E MEDIA DA TARDE, NO CAMPO DE CAMPAÑA.

https://scontent-mad1-1.xx.fbcdn.net/v/t1.0-9/71053138_2360956290684726_5615049395918602240_n.jpg?_nc_cat=108&_nc_oc=AQnuz0S6zzRtWXvchM7z8gbJ69blO3QwD5k7byVNcL9MfMqeBXihIp_Ldt0a5JHGb-w&_nc_ht=scontent-mad1-1.xx&oh=61df5e8f0a62a86672b487a8d35b0831&oe=5E335030

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

COMENZOU O OUTONO

O outono comenzou o luns 23 de setembro, véspera da Mercé, ás 9h 50m hora oficial galega, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional – Ministerio de Fomento). Esta estación durará 89 días e 20 horas, e terminará o venres 22 de decembro, día do lotería, co comenzo do inverno.

Durante todo o outono Marte será visible ó amencer. Tras a posta de Sol veranse Venus, Saturno e Xúpiter.

O día 11 de novembro, San Martiño, producirase un tránsito de Mercurio por diante do Sol que será visible en América, África e Europa. Este tránsito será visible desde España. O anterior tránsito de Mercurio tivo lugar o 9 de maio de 2016 e o próximo terá lugar o 13 de novembro de 2032..

Resultado de imaxes para foto de mercurio planeta

Imaxe de Mercurio, o planeta mais próximo ó sol.

Trátase dun planeta peculiar porque o seu plano de órbita está desviado case cinco graos do plano de órbita dos demais planetas (a eclíptica), e porque xira moi rápido ó redor do Sol. Os seus anos, o tempo que tarda o planeta en completar unha volta ó redor do Sol, apenas duran 88 días terrestres. Nambergantes, os seus días son moi largos: cada un dura 59 días terrestres.

Vémonos o domingo no campo de Campaña con José Luís Perales e a súa fermosa “Canción de otoño”:

ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *