TERCEIRA GALEGA

FURIA – DODRO

DOMINGO 15, ÁS CATRO E CUARTO, NO CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PORTO (PONTE CESURES)

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS

Estes pasados días falouse moito nos medios de comunicación do chamado PAZO DE DODRO pola súa “vinculación” por motivos arquitectónicos co PAZO DE MEIRÁS.

Pazo de Dodro (Vigo).png

Pazo de Dodro

O Pazo de Dodro é unha construción civil situada na aldea de Vigo, na parroquia de Santa María, no concello de Dodro. Coñécese tamén co nome de Pazo de Vigo ou como Torre do marqués de Bendaña. Era propiedade do marqués de Bendaña. Na actualidade atópase en moi mal estado de conservación e practicamente só se pode apreciar a que foi a súa capela e algunha das estancias menores. É propiedade particular.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/cd/Pazo_de_Meir%C3%A1s_-_Fachada_principal.jpg

Pazo de Meirás (San Martiño – Sada)

Concluída a guerra civil, o gobernador da Coruña quixo ofrecerlle a Francisco Franco un agasallo da provincia; pensou no Pazo de Meirás, e para reconstruílo desmantelou o Pazo de Vigo pedra a pedra.Tralo acordo plenario do 4 de abril de 1938 a corporación municipal do concello de Dodro considerou necesario doar o pazo á causa do Caudillo, o acordo ofreceulle a Franco non só os alicerces arquitectónicos senón a propiedade completa. Levaron as pedras do pazo, as figuras da capela, os escudos, os gravados etc. Había en Dodro unha importante biblioteca que probablemente foi parar ó Pazo de Meirás.

A VIDA É ASÍ.

a polos tres puntos…ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *