MARINA D’OR CUP 2012

MARINA D’OR CUP 2012

Como sendo habitual recibimos moitas invitacións para participar nos distintos torneos internacionais que se celebran polo mundo adiante.

A última chegounos dende Oropesa del Mar – Castellón – Mediterranean – Spain, para o TORNEO FÚTBOL SEMANA SANTA, dende o xoves 5 ó domingo  8 de abril e para o chamado FÚTBOL VERANO, que vai dende o sábado 30 de xuño ata o sábado 7 de xullo (San Fermín).

Se alguén sabe de algunha persoa, entidade, empresa, asociación, deputación, xunta, concello, comarca, rexión europea, ou algo que nos poida sufragar tódolos gastos, aquí estamos prestos para o que faga falta.

A ver se temos sorte ………………………… HALA FURIA  !!!!!!!

Equipo benxamín

Equipo benxamín

Equipo prebenxamín

Equipo prebenxamín

SEGUNDA AUTONÓMICA (15-I-12)

SEGUNDA AUTONÓMICA (15-I-12)

FURIA – 2 / CROCHA – 0

Campo Municipal «Ramón Diéguez» de Pontecesures; instalacións en perfectas condicións.

Colexiado : Honorino Raña, de Santiago. Non tivo problemas, aínda así amoestou con 10 amarelas os xogadores do equipo do Caramiñal e catro ós do Furia.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Maleko, Juanjo, Salva, Manuel, Manolito, Robertiño, Tito, Manolo, Diego e Álvaro ……. Liluu, Ferro, Moncho e Marcos.

CROCHA : Roberto, Rodrigo, David, Pablo, Luías, Loxo, Estevo, Ángel, Benigno, Carlos e Héctor …….Xosé, Santi, Pepe, Xurxo e Xosé.

Dous golazos marcados na primeira parte foron suficientes para dobregar ó bo equipo da Poboa dirixido maxistralmente por Bautista Pérez, un vello coñecido do Furia.

Moi superior o noso equipo que de estar un pouco atinado Álvaro a goleada puido ser de escándalo.

O Primeiro tanto foi unha obra mestra de Diego ó golpear o balón dende fora da area,  na saída dun córner, coa esquerda o metela a presión na meta defendida por Roberto que é o xenro dun bo paisano de Bealo que ven pola nosa terra a vender pipas.

Roberto «de Nai» foi o autor do segundo e fermoso gol ó marcar de vaselina un pase perfecto de Diego.

Tiveron varias oportunidades Álvaro, Manolo, Tito, de Nai, Manolito ….. mais non foron quen de concretalas mentres o Crocha limitábase a defender e a saír a algunha contra sen moito éxito. Co 2 a 0 fomos ó descanso.

Todo o mundo a tomar café á cantina axudando a facer uns pesos para poder pagarlle ó árbitro.

Na segunda metade mais do mesmo. O Furia arriba e o Crocha defendendo e intentando saír ó contragolpe sen moito éxito. Peixe, Maleko, Juanjo e Salvador formaron unha lina defensiva insuperable.

Pero a partir do minuto 83 a cousa cambia un pouco. Tito ponse a facer unha chambonada no medio do campo roubando a pelota o Crocha e non marcando gol por pouco ó salvar Maleko debaixo dos paus co peito o disparo do dianteiro visitante desviando o balón a córner.

No minuto 89 o árbitro sinala penalti a prol do Crocha por unhas mans de Salvador ó defender un balón aéreo. Peixe, que tivo un día marabilloso, parou o lanzamento dedicándolle a parada a Pepe Zoco que, á vez, foi o agraciado cun lacón.

Púxosenos o corazón nun puño pero saímos ben parados.

Aínda houbo tempo para dúas ocasións mais. Un remate de cabeza de Juanjo e un disparo de Adrián Ferro que desviou moi ben Roberto.

Final do partido e aplausos mutuos dos xogadores e afección.

Dos nove puntos disputados en Porto conseguimos sete, que non están nada mal. Se gañamos domingo en Oleiros e despois ós nosos veciños o presidente ofrece unha mariscada. Veña, a pola mariscada.

VIVA O PRESIDENTE !!!!

VIVAN AS MARISCADAS !!!!!

VIVA O FURIA !!!!!!!!!

XORNADA DO SÁBADO 14

XORNADA DO SÁBADO 14

BENXAMÍNS :

FURIA – 5 / ROIS «B» – 3

Campo de Campaña; moi bo ambiente.

Colexiado : Álex Álvarez, de Santiago. Moi ben.

Alineacións :

FURIA : Matías, Edgar, Isaac, Martín Freiría, Martín Calvo, Yessica, Pablo, Álex Rodríguez, Laura, Álex Gasamanes e Leandro.

ROIS «B» : Mario, Iván, Nicolás, Iker, Pablo, Santos, Moncho, Raúl, Pablo, Álex, Miguel e Adrián.

Moi vistoso o partido, cheo de goles, onde os espectadores e os xogadores pasárono pipa.

Os tantos do Furia foron executados por Martín Calvo e Leandro, 4. Polo Rois marcaron Raúl (2) e Moncho.

Para sábado comenza a segunda volta viaxando a Dodro.

SORTE !!!!!

 

PREBENXAMÍNS :

FURIA – 3 (Salva e Runi,2) / DODRO – 3 (Manolo Rei)

Campo de Campaña; moita avoa, moito avó, moita mamá, moito papá, moitas e moitos irmáns, moitas primas, moitos primos, moita curiosa e moito curioso para presenciar un partido magnifico.

Colexiado : Álex Álvarez; desapercibido.

Alineacións :

FURIA : Manoliño, Xosiño, Carliños, Marquiños, Salvadoriño, Runisiño, Ikeriño, Darvinsiño, Pepiño, Ainoíña e Xiánciño.

DODRO : Brais, David, Manolo, Xosé, Manuel, Samuel, Raúl, Luís, Suso, Manoliño e Daniel.

Un espectáculo marabilloso o desenrolado polos chavaliños e chavaliñas dos dous conxuntos, superando as expectativas creadas, con un toma e daca incansable.

Púxose o Furia 3 a 1 pero unha remontada dos da outra banda do río permitiulles igualar o encontro no tramo final xenerando un entusiasmo impresionante.

Parabéns ós dous equipos.

Na seguinte xornada descansamos.

 

INFANTÍS : Descanso

 

XUVENÍS :

Bandeira – 7 / Furia – 1

Campo de A Gandareira; terreo moi areoso.

Colexiado : Fernández Froiz, de Lalín. Ben. Amosou dúas amarelas ós locais e unha ó Furia.

Alineacións :

BANDEIRA : García, Cendeira, Pena, Mesa, López, Calviño, Rios, Filloi, Ternera, Varela e Mariño…….. Salgueiro, Diéguez, Xil, Sánchez e Breo.

FURIA : Bille, Tempe, David, Pablo, Álex, Lucho, Xosé, Alberte e Danieliño.

Moi boa primeira parte dos nosos que con so nove xogadores conseguiron ir ó descanso con 2 a 1, gol de Alberte a pase de Álex.

Na segunda metade o Furia non conseguiu resistir e foi o Bandeira, loxicamente, quen se levara o gato á auga.

A  seguinte xornada xogarémola en San Mamede o sábado 21, as 12 da mañá. Sorte !!!!!

HALA FURIA  !!!!!

HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

BENXAMÍNS :

Furia – Pontecesures; venres 13, hora 18.30, Pavillón de Dodro (Fútbol – Sala)

Furia – Rois «B»; sábado 14, hora 11.00, Campo de Campaña (F-8)

 

PREBENXAMÍNS (F-8) :

Furia – Dodro; sábado 14, hora 12.00, Campo de Campaña.

 

XUVENÍS :

Bandeira – Furia; sábado 14, hora 16.00, Campo de Bandeira (Silleda)

 

INFANTÍS :

Descansan

 

SEGUNDA AUTONÓMICA :

Furia – Crocha; domingo 15, hora 16.15, Campo Ramón Diéguez (Pontecesures)

Entrada única : catro euros. Servizo de cantina. HALA FURIA!

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 2 / X. AGUIÑO – 0

Campo Ramón Diéguez (Pontecesures); tarde perfecta. Entrada regular, traballando moi ben a cantina. Gracias a todas e a todos que nos botades unha man.

O público asistente, no cambio de Diego Melenas por Xabi, agradeceu cun largo aplauso o seu retorno ós terrenos de xogo.

Colexiado : Logan San Pedro, de Santiago. Bastante discutido polo banquiñoo local, sobre todo por non sinalar un claro penalti a Tito na primeira parte e, na segunda, por non expulsar ó porteiro visitante por saír fora da area  xogando o balón coas mans (tarxeta amarela). Bueno, sabe facelo mellor.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Salva, Juanjo, Martín, Manuel, Manolito, de Nai, Tito, Manolo, Diego e Álvaro…….. Xabi, Santi e Adrián Ferro.

AGUIÑO : Guinaldo, Vidal, Callón, Gude, Suárez, Cadaval, Otero, Cadorniga, Deus, Cores e Bardeiro ……González e Bandín.

Un gran partido o disputado no Campo de Porto polo Furia que foi moi superior en todo momento ó Aguiño que puido marchar goleado.

O Furia, que se presentaba practicamente con todos seus efectivos, saíu dende o primeiro minuto a polo partido. De estar un pouco atinados arriba xa se podería estar mais tranquilos no descanso, pero non foi así.

Non sinalou o árbitro o dichoso penalti e, de alí a un pouco, marcaría Álvaro  a pase de Diego. Puido o Furia incrementar o marcador, fallando innumerables ocasións, e permitindo que Peixe se lucira, na única parada, enviando o balón a córner nun dos poucos disparos meta do equipo visitante na primeira metade.

Na segunda, mais do mesmo. Unha defensa moi ordenada, cun medio do campo moi traballador e un bo ataque forman unha combinación perfecta.

O segundo gol do Furia foi case unha obra de arte. Unha boa internada de Roberto pola banda dereita, asiste a Diego e este deixa pasar o balón para que golpee Manolo ó fondo da portería de David Guinaldo que, todo hai que dicilo, foi o mellor xogador visitante. Pero aínda quedaba outra.

Xabi, nunha fermosa xogada de todo o equipo, atopouse so diante do porteiro cun balón de ouro, quíxolle facer unha »cuchara» saíndolle un «cabaso»  as mans do porteiro cando tiña toda a meta para el. Se o outro día foi seu primo Lilu o que fallou, hoxe tocoulle a el. Para outra volta será.

Hai que sinalar que o Furia con toda a plantilla ten equipo para estar mais arriba, esperando que teñamos un segunda volta de «champión – li».

Para domingo comenza a conta atrás recibindo ó Crocha no Campo de Porto, equipo que nos ganou no partido de ida por 2 a 1.

 

HALA FURIA !!!!!!    :-D

 

XORNADA DO SÁBADO 7 DE XANEIRO (SAN XULIÁN)

XORNADA DO SÁBADO 7 DE XANEIRO (SAN XULIÁN)

BENXAMÍNS :

Rois – 8 / Furia – 0

Campo da Braña, San Lourenzo de Seira; moito frío.

Colexiado : Rafael Vicente; como da familia.

Alineacións :

ROIS : Héctor, Álex, Iván, Raúl, Ismael, Pintiño, Martín, Serxio, Brais, Nicolás, Dani e Noel.

FURIA : Matías, Edgar, Runi, Isaac, Martín freiría, Martín Calvo, Iessica, Pablo, Álex Rodríguez, Laura, Salva Álex Muiños.

O Furia presentouse a xogar en seira con varios prebenxamíns pagando moi cara a ousadía. Aínda que o resultado foi un pouco avultado, ninguén discute o merecido triunfo local.

Para o sábado 14 recibiremos ó Rois «B», e iso xa será outro cantar.

XUVENÍS :

Furia – 1 / Bertamiráns – 1

Campo de Campaña; unha vintena de espectadores.

Colexiado : Xaquín Ventoso, de Boiro. Tivemos que arranxar a pechadura da porta do seu vestiario xa que non funcionaba. É unha pena que tiveramos que arranxala nos. Expulsou a Miguel e a Quique. Con nove fomos uns fenómenos.

Alineacións :

FURIA : Bille, Tempe, David, Quique, Miguel, Pablo, Álex, Ionis, Xosé, Lucho e Danieliño.

BERTAMIRÁNS : Pipe, Pepe, Adrián, Santi, Nicolás, Iván, Martín, Alberte, Porto, Waldir e Brais ………Rubén, Mario e Samuel.

Un partido dos nosos xuvenís digno do premio «Mellor Equipo do Mundo».

Empezamos moi ben con gol de cabeza de Pablo Louriño á saída dun córner. Puido apuntalar o segundo Lucho, mais estivo lento.

O Bertamiráns intentouno, recollendo o seu premio con un gol en posición dubidosa de Iván, ó remate da primeira parte.

Na segunda metade o Bertamiráns sae mais incisivo. Danieliño, cun balón de ouro, fallou o 2 a 1, pero no minuto 53 o colexiado sinala penalti en contra do Furia expulsando a Miguel. Tiran o penalti e párao Bille (xa hai quen di que o quere o Estradense) desviando o balón por riba do longueiro.

No minuto 80, o árbitro expulsa a Quique Rosío por usar un vocabulario inapropiado.

Os nove xogadores que quedaron no campo, incluídos dous cadetes, portáronse como leóns e mereceron o tradicional «ovo de dúas xemas» en especial David Bille.

Moi ben chavales. Para sábado imos a Bandeira, terra de boas empanadas, a ver se salta lebre.       HALA FURIA !!!!!

 

 

 

VIº CAMPIONATO DE POKER TEXAS HOLD’EM

VIº CAMPIONATO DE POKER TEXAS HOLD’EM

 O venres 9 de marzo na Sede Social do Furia, campo de festas de Campaña – Valga, terá lugar outro estupendo campionato de póker.

A inscrición é de 10 e o máximo de xogadoras/es será de 90.

Para anotarse, chamar ó telefono do club : 659 89 35 89

Moitas gracias e que gañe a/o mellor.

PARTIDOS, HORARIOS E CAMPOS

PARTIDOS, HORARIOS E CAMPOS

BENXAMÍNS

Rois / Furia; sábado 7, hora 9.45, Campo de Seira (Rois)

 

XUVENÍS

Furia / Bertamiráns; sábado 7, hora 16, Campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA (Último partido da primeira volta)

Furia / X. Aguiño; domingo 8, hora 16.15, Campo Ramón Diéguez – Porto – (Pontecesures)

 

PREBENXAMÍNS «F – S» e «F – 8″ : Descansan

 

INFANTÍS : Descansan