Antes do comenzo do partido gardouse un minuto de silencio polo recente pasamento de Manuel Jamardo Pardal “Chuco”, pai do noso xogador Adrián Jamardo Cerqueiras “Peque”. D.E.P.
DOMINGO 2 DE FEBREIRO, ÁS CATRO DA TARDE, NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE CAMPAÑA – VALGA
ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS
Kansas, un sitio que ben merece unha visita
Ad astra per aspera (Deica as estrelas entre dificultades) Kansas é un dos cincuenta estados que forman os Estados Unidos de América. A súa capital é Topeka e a sua cidade mais poboada, Wichita. Está asentado na rexión Medio Oeste do país, división Centro Noroeste, limitando ó norte con Nebraska, ó leste con Misuri, ó sur con Oklahoma e ó oeste con Colorado. O 29 de xaneiro de 1861, converteuse no 34º estado estadounidense.
O centro xeográfico dos 48 Estados Unidos contiguos está localizado na súa zona norte, no condado de Smith. O centro xeodésico de América do Norte tamén se encontra no seu territorio, en Osborne. Este usase como punto de referencia para todos os mapas do goberno federal.
Imaxe de Topeka, capital do estado de Kansas.
E en Cures? que pasa en Cures?
Pois en Cures (Boiro) teñen un campo do xogo dos bolos que xa lles gustaría ter ós de Kansas: O Campo de Bolos de Pomar do Río.
Faleceu Manuel Jamardo Pardal “Chuquiño”, natural do Outeiriño – Xanza – Valga, veciño do Regueiro – Isorna – Rianxo, pai de Rebeca e do noso xogador Adrián Jamardo “Peque”. Tiña 60 anos.
A xunta directiva e toda a masa social do Furia Ac envía unha forte aperta a Adrián e moito ánimo a Rebeca e a toda a familia.
DOMINGO 26, ÁS 16:30 HORAS, NO CAMPO DA GUÍA DE SAN PAIO DE CARREIRA (RIVEIRA)
Igrexa parroquial de San Paio de Carreira
San Paio de Carreira é unha parroquia do concello coruñés de Riveira, na comarca do Barbanza. Ten unha superficie de 9,5 km². o ano 2018 tiña 2.026 habitantes (987 homes e 1.039 mulleres).
Forma parte do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo, da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Riveira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.
Escudo do Carreira C. F.
Carreira na literatura popular:
Meu amor está en Palmeira,/ meu espírito en Santa Uxía,/ meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía.
Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos.
Deixámosvos ca procesión da Nósa Señora da Guía (2018), onde o fervor popular confúndese de xeito case harmónico ca mais que discutible interpretación da Marcha do Antigo Reino de Galicia polos gaiteiros de turno.
DOMINGO 19, ÁS CATRO DA TARDE, NO CAMPO COMUNAL DA LOMBA DE SAN PEDRO DE BEALO (BOIRO)
San Pedro de Bealo é unha parroquia asentada no norte do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Pertence ó partido xudicial de Riveira e o arciprestado de Ponte Beluso.
Mais o que realmente fai sona de Bealo e a súa extraordinaria Romaría de San Ramón, que se ven celebrando dende fai 261 anos.
A fundación de San Ramón foi instituída polo que fora cura de esta “freguesía”, D. José Bravo de Castro o día 22 de agosto de 1758. O templo ten dobre torre barroca e entre ámbalas dúas erguese en mármore policromado a imaxe do patrón.
SAN RAMÓN, TODO GARBOSO, NO SEU DÍA GRANDE
Reportaxe do San Ramón 2019, cunha maxistral Marisa Collazo de mestra de cerimonias.
DOMINGO 12, ÁS 16:30, NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PORTO (PONTE CESURES)
ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS
ESCUDO DO BAROÑA C.F., ONDE AMOSA COMO BASE PRINCIPAL UN TRISQUEL.
San Pedro de Baroña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. No ano 2018 tiña 674 habitantes (327 homes e 347 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación.
IGREXA DE SAN PEDRO DE BAROÑA, PEQUENA PERO ORGULLOSA. SEMPRE VIXIANTE, SEMPRE NO ALTO.
As aldeas de Baroña son:
Abuín, A Arnela, O Campanario, O Castro, O Covelo, A Igrexa, A Insua, O Lagarto, Lamelas, Lavandeira, Montemuíño -famoso polo paso do Rali de Noia-, Orellán, As Penas, Raña, Soanes, Tarrío, Udres e Vilar.
A aldea mais poboada é Abuín con 191 veciñas e veciños; a de menor poboación é Soanes con oito habitantes.
Baroña, a pesar da súa historia e do seu patrimonio, presume con afouteza dunha das obras mais importantes feitas polos nativos galegos: O CASTRO DE BAROÑA.
Fermoso Castro de Baroña (Século I a. C. – Século I d. C.)