Xornada do 11 e 12 de Outubro

EQUIPO AFECCIONADOS: 3ª AUTONÓMICA

Chegou a primeira victoria do equipo de maiores na segunda xornada da Liga. Foi a domicilio fronte ó Lestedo por cero goles a 1. O equipo de Mac deu mostras durante todo o encontro da súa superioridade. Así xa na primeira metade contou polo menos con cinco ocasións claras de gol nos pés de “Flores”, “Polinho” e tamén “Rañosinho” que rematou ó longueiro. Sin pasar apuros en defensa, o Furia con paciencia sigueu buscando o gol na segunda parte. O gol non chegaba e comezaban a chegar os nervos; pero no minuto 75, unha xogada polémica na que “Lilu” loitou o balón, o rexeite chegoulle a “Casano” que rematou a porta baleira, conseguindo o gol que valeu os tres puntos. Dende ese momento ata o final nervos e máis nervos, pero a boa defensa e o bo facer de “Peixe” (que continúa coa súa porta a cero), conseguiron manter o resultado. Hai que destacar de tódolos xeitos o desastroso labor do colexiado para os dous equipos, e nun partido sen ningún problema expulsou a cinco xogadores. Dous por parte do Lestedo e tres por parte do Furia: “Lilu”, por doble cartón marelo; “Nevero”, por facer unha falta sendo o último home; e “Alvaro”, por encararse cun contrario. É esta a única pega do partido. Hai que destacar os debuts de “Polinho” e de “Rañó” que causaron unha moi boa impresión, ó igual que todo o equipo; aínda que siguen sen estar finos de cara ó gol. Fixo un moi bo partido tamén Tito que loitou moito e púxolle a nota de calidade. Tamén comentar que Manolito retirouse lesionado no minuto 20 por unha forte dor no seu nocello dereito. O próximo partido do Furia será en Campaña o vindeiro domingo ás 4 e media da tarde, contra o líder nestes momentos da categoría: O Estudiantil. Un equipo que ten o maior presuposto da categoría e que vai loitar ó igual que o Furia polo ascenso de categoría. É o partido destacado da xornada, e esperemos que sexa positivo para o Furia, porque é moi importante.

XUVENÍS: 2ª AUTONÓMICA

Non puido ser, o equipo xuvenil colleitou unha nova derrota en Bastavales. A pesar de que xogaron un bo partido, a mala sorte impediu que o equipo sacara algo positivo. O gol de “Pó”, non impediu a derrota por 2 a 1. Este resultado non fai que os ánimos dos rapaces decaia que intentarán comenzar a remontar postos na clasificación derrotando no próximo encontro a A Golada; que visita Campaña o vindeiro sábado ás 4 e media da tarde. Ánimo e sorte.

CADETES: 2ª AUTONÓMICA

Comezou a Liga de Cadetes. Os nosos tiñan unha difícil visita ó equipo do Milladoiro. Isto unido ás innumerables baixas coas que contaba o equipo fixo que o equipo dirixido por Suso e “Ronaldinho”, colleitara unha derrota. O resultado final de 5 a 0, é enganoso, porque o partido foi bastante igualado, pero as contras sorprenderon á defensa do Furia. Seguro que non perderán á moral por este contratempo, e que no próximo partido o resultado será outro. Sen embargo haberá que esperar para sabelo, xa que este fin de semana os cadetes descansan.

INFANTÍS: 2ª AUTONÓMICA

Mal inicio para os infantís. No partido celebrado o pasado sábado pola mañan, o Bastavales deu boa conta do equipo do Furia. O resultado de 0 a 4, fala ben as claras da superioridade do equipo visitante. Sen embargo, o Furia tivo as súas oportunidades, aínda que non soubo aproveitalas. Seguro que as cousas cambiarán no futuro. Tamén descansan este fin de semana.

FÚTBOL SALA FEMININO: 1ª PROVINCIAL

Este fin de semana, as nosas mulleres descansaron. O vindeiro sábado xogarán outra vez como locais no Pavillón Municipal de Cordeiro, fronte a un difícil rival: o Boqueixón; que está nos postos altos da clasificación. Pero ó ánimo do equipo e dar a primeira alegría a afección na casa. O partido xogarase ás 7 da tarde. Sorte.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *