XORNADA DO 18 E 19 DE OUTUBRO

EQUIPO AFECCIONADOS: FURIA-ESTUDIANTIL (2-1)

Gran victoria e gran partido do noso equipo fronte a un dos equipos que por presuposto e fichaxes vai loitar polo ascenso. Os dous equipos amosaron un fútbol que posiblemente sexa dunha categoría superior. O partido foi moi igualado, pero si algún equipo buscou a victoria con máis fé, ese foi o Furia. Na primeira metade o Estudiantil quedouse cun home menos ó ser expulsado o seu porteiro, despois de derrubar de maneira clara a “Perreta” dentro da área (aínda que o colexiado o sacou fora), cando se dirixía a marcar. Sen embargo o Furia, a pesar de dominar só dispuxo de dúas ocasións claras nos pés de “Paja” e Rubén. Na segunda metade o Furia meteu unha marcha máis, e froito desta presión chegou o golazo de Rubén, logo dun maxistral saque de falta que lle sirveu para estrenarse como goleador no noso clube. Pero despois nun minuto tolo o colexiado expulsou rigurosamente a Manolito, e na xogada seguinte a “Nena” despois de que éste parara coa man un balón que se dirixía a gol. O Furia quedábase con nove xogadores e o Estudiantil empataba de penalti; co que rompía tamén a imbatilidade de “Peixe” e do Furia. Pero o Furia, votoulle casta e consigueu marcar logo dun penalti clarísimo cometido polo porteiro camerunés dos visitantes cando “Perreta” se dirixiá a marcar, coa conseguinte expulsión do meta. O penalti foi transformado por Tito. Logo o colexiado expulsaría aínda a outro xogador do equipo rival, por doble cartón marelo. O final foi agónico xa que o árbitro descontou de forma incomprensible 9 minutos. Ó final o Furia levouse os tres puntos que o colocan como líder da categoría. O próximo domingo, temos outro partido vital; xa que visitamos ó Carcacía, outro dos candidatos a loitar polo ascenso e pola liga esta temporada. Moita sorte.

XUVENÍS: FURIA-A GOLADA(3-2)

Partido extraño o celebrado o sábado pola tarde polos nosos mozos en Campaña. Si na primeira parte déronlle un bandexo ó equipo rival; marcando tres goles e podendo facer moitos máis (goles de Ferro, Adriansinho e Pablo Busto), na segunda saíron tan relaxados que case lles costa perder os tres puntos en xogo. De tódolos xeitos a primeira victoria subíu ó noso casilleiro, o que lles debe dar un impulso moral importante. O próximo partido os Xuvenís xogan a domicilio fronte ó Milladoiro. Imos a pola victoria.

FEMININO FÚTBOL SALA: FURIA-BOQUEIXÓN (1-5)

A pesar do que poida parecer polo resultado, o partido foi bastante igualado. Logo dun retraso de case 1 hora por culpa do retraso dos colexiados, as nosas rapazas demostraron ante un dos galiños da categoría que cada día van a máis e que pouco a pouco lle van collendo o aire á categoría. Pronto chegarán máis resultados positivos. O gol das nosas foi moi fermoso e marcado por Vanesa. O equipo acusou a baixa da porteira “Sheila”; pero todas as que saltaron á pista fixeron un gran papel. A próxima xornada toca descanso

CADETES (Descansaron)

Esta semana o equipo de Titovic e compañía descansaron. O vindeiro sábado xogarán o seu segundo encontro de liga en Campaña, as 12 da mañán fronte o difícil Bertamiráns. Moita Sorte.

INFANTÍS (Descansaron)

Os Infantís volven a descansar a vindeira xornada.

BENXAMÍNS

O vindeiro sábado ás 3 da tarde en Campaña, comeza a liga dos nosos pequechiños. Esperemos que o pasen moi ben e que se divirtan; que en eso consisten as competicións nestas categorías

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *