XORNADA DO 29 E 30 DE NOVEMBRO

AFECCIONADOS:URBAN-FURIA (0-4)

Partido realmente fácil para o Furia. Xa na primeira parte estableceuse este resultado de 0-4, que despois sería definitivo. Dous goles de Rubén, outro de Alvarito e un auténtico golazo de Tito, deixaron finiquitado o partido. Incluso o adestrador Mac Karreri se permitiu o luxo de reservar a homes para a trascendental xornada do próximo fin de semana, na segunda metade. O Urban moi floxo en defensa. Hai que salientar que onte non foi o día dos irmáns “Flores”; xa que tanto o maior (que lle dá nome á saga), como o benxamín da casa “Perreta”; a pesar que tiveron unha gran movilidade e participaron moito no xogo non estiveron nada atinados de cara ó marco contrario. Si tivesen un pouco de fortuna e tranquilidade puderon marcar un saco de goles. Seguro que no próximo encontro a racha cambiará. Non nos podemos esquencer de falar da trascendental e importantísima doble xornada do próximo fin de semana. O sábado 6 xogaremos en Carcacía, ás 12 da mañá,  o partido que se suspendera pola morte de Rivas; e o domingo ás 4 da tarde tamén un partido importante en Campaña ás 4 da tarde contra o Bugallido. Citas importantísimas para volver colocarse nos postos altos da clasificación. Por certo, este domingo pasado, e según as declaracións do capitán Peixe, a victoria quérenlla adicar ó adestrador que este día cumplía 27 aniños. ¡¡¡FELICIDADES MAC!!!

FEMININO: FURIA-O PINO (1-3)

Increíble. Xa están pensando en ir a Requián de peregrinación a ver si a santa lles saca o mal fario. Nun partido moi disputado e no que o Furia levou sempre a batuta do encontro; a desgracia cebouse coas nosas rapazas. Despois de ir ó tempo de lecer con empate a 1, cun gol moi bonito de Bea; e de dominar durante toda a segunda metade na procura da segunda victoria;  a falta de 40 segundos para o remate do encontro e cando máis volcadas estaban as nosas xogadoras na meta rival, un gol increíble dende a esquina do campo adiantaba ó equipo visitante. Xa co tempo rematado o árbitro pitaba unha falta, que foi castigada con doble penalti, e que transformaron as visitantes para poñer un inxustísimo 1 a 3 no marcador. Foi un duro golpe, pero que as chavalas do Furia intentarán olvidar o próximo sábado en Ordes, onde xogarán contra o equipo local: Femiordes.

XUVENÍS:FURIA-DODRO (7-3)

Tiña que chegar. Hat-trick de Pascolo, e gran partido de todo o equipo. Baixo o liderazgo da nova estrela saída da canteira, os mozos de Polo e Cacharrito, doblegaron con suficiencia ó Dodro. Ademáis dos tres goles de Pascolo, tamén marcaron Ferro (2), Klá e Adriansinho. De todas maneiras o club, na persoa do seu presidente, negoulle o balón ó goleador. Houbo unha nota negativa no encontro, que foi a tangana que se montou casi ó finalizar o encontro, entre os xogadores; que rematou con dous xogadores expulsados de cada equipo. Polo noso equipo foron Ferro e Klá, que seguramente se perderán algún partido por sanción, o que non é unha boa noticia. O próximo sábado, desprázanse á terra de Rosalía, para xogar contra o Ortoño. A hora será posiblemente ás 4 da tarde.

CADETES: CACHEIRAS-FURIA (5-1)

Bo partido dos chavales, que aguantaron ata o minuto 70 co empate  a uns no marcador, logo dun golazo de Gasito (que segue en racha). Pero o esforzo físico, pasou factura e en 10 minutos encaixaron 4 novos goles. De tódolos xeitos este ano parece que poden facer unha boa temporada. Tamén hai que alegrarse dunha nova que nos transmiteu o noso corresponsal en Cacheiras: Gabriel segue no Furia, desbotando as numerosas ofertas que tiña; polo que Suso B, vai poder seguir contando cunha das súas figuras. Nova oportunidade o próximo domingo, ás 11 da mañá en Campaña; onde se medirán ó potente Dubra.

INFANTÍS: FURIA-BERTAMIRÁNS (0-8)

Demasiado oso para pouco can. Un dos equipos máis fortes da categoría vapuleou ós rapaces que viñan de golear en dous partidos seguidos. Pero o sábado, tiveron que volver á realidade. Desaparecido todo o equipo que non puido contra a maior contundencia física do rival. O próximo encontro será o derbi contra o Cordeiro. Disputarase o luns 8, ás 12 da mañá en Campaña. Hai que animar ós rapaces para poder vencer neste encontro.

ALEVINS

O próximo xoves 4, iniciase o campionato, en Pontecesures, fronte ó equipo local. O equipo de Diego Fernando, capitaneado por Manu Busto, tentará este ano facer unha campaña digna.

BENXAMÍNS: Descanso.

Merecido fin de semana sabático para os pequeniños. O próximo sábado, ás 3 da tarde, reanudarán a competición cun duro rival: O Flavia, que visitará Campaña.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *