XORNADAS DO 6 E 7 DE DECEMBRO

AFECCIONADOS: CARCACÍA-FURIA (3-0) E FURIA-BUGALLIDO (1-1)

Moi malas xornadas para o equipo de afeccionados. Cando podían sacar 6 puntos entre os dous partidos, e colocarse nos primeiros postos da clasificación, primeiro a derrota sen paliativos en Carcacía, onde foron vapuleados polo equipo local; no peor partido de toda a temporada. O domingo, sen embargo, non houbo sorte; xa que a pesar de que os nosos dispuxeron de innumerables ocasións de gol non puideron gañar o partido, xa que solo o gol de Perreta, subiu ó marcador. Así o Furia queda algo descolgado dos primeiros postos, pero quedando tanta liga; seguro que reaccionarán e loitarán por postos máis altos. De feito o adestrador tivo unha reunión cos capitáns para darlle un toque de atención ó equipo. O próximo domingo teñen un partido moi complicado, ante o sempre difícil Herbón. O partido disputarase na terra do “Pinto”, ás 4 da tarde. É moi importante que o Furia gañe para non descolgarse peligrosamente. Ánimo rapaces.

FÚTBOL SALA FEMININO: FEMIORDES-FURIA (4-4)

Impresionante. Un partido enorme das rapazas do Furia.  Un empate que sabe a victoria; aínda que o resultado máis xusto debería haber sido unha victoria. Parece que as novas estratexias de Dinho, comezan a surtir efecto. A xornada tivo de todo: primeiro, e cando o resultado ía 2-0 en contra do Furia, os dous equipos decidiron cambiar de pavillón porque onde estaban xogando estaba húmido e supoñía un perigo para a integridade física das xogadoras. Logo un tempo de espera, onde viron un espectacular partido de Hockey a patíns. E logo o espectacular partido. O Furia doulle a volta ó marcador e púxose por encima no marcador 3-4, con 2 goles de Bea, un de Laura e o primeiro de Chus. Nos últimos minutos o agobio do Femiordes acabou co tanto do empate. Enorme partido de todas, cunha emoción inusitada. O próximo sábado ás 8 da tarde, as nosas desprazaranse ó Burgo (Coruña) para medirse o “coco” da categoría: o Drako (último campión de liga). Teñen pouco que perder e moito que gañar. Sorte.

XUVENÍS: ORTOÑO-FURIA (5-2)

As baixas por sanción deixáronse notar, e o Furia non puido manter o equipo ante o Ortoño. Un resultado inicial de 5-0, era moita losa. Maquillaron o resultado dous goles, un gol de Malekinho e outro espectacular de Rubén Lorenzo. O próximo sábado, en Campaña, ás 4 da tarde, xogarán contra o Recesende.

CADETES: FURIA-DUBRA (0-3)

Non puido ser. A pesar da loita dos chavales, víronse superados polo Dubra; aínda que  cun pouco de sorte, o resultado puido ser outro. O domingo, ás 12, comeza a segunda volta en Campaña, contra o Milladoiro.

INFANTÍS: CORDEIRO-FURIA (3-0)

Esta vez o derbi, foi parar a mans do eterno rival. Partido moi igualado, pero cun resultado xusto; xa que o Cordeiro resultou ser superior. Esperemos que no partido de volta o resultado sexa diferente. Os rapaces xogarán o próximo encontro o sábado ás 12, en Campaña contra o Dodro.

ALEVÍNS: PONTECESURES-FURIA (3-1)

Difícil inicio o que tiñan os rapaces de Diego Fernández, ante os veciños de Cesures. Aínda así o partido resultou moi igualado como así reflexa o marcador. O gol do Furia foi anotado de forma espectacular por “Pipi” Pedrinho. O sábado mediránse ó Dodro, en Campaña, ás 10 da mañá.

BENXAMÍNS: FURIA-FLAVIA (2-10)

Unha mágoa. A pesar de que os pequerrechos aguantaron ben a primeira metade,  a superioridade do Flavia, foi manifesta. Hai que destacar que marcaron outra vez Lois e Serxio Rico. O próximo sábado, as 4 e media da tarde xogarán en Tordoia.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *