XORNADAS DO 20 E 21 DE DECEMBRO

AFECCIONADOS: FURIA-SAR (0-1)

Traspés importante do equipo afeccionado, que se complica moito os seus obxetivos. Nun partido moi igualado e onde os dous contendentes amosaron que son favoritos para o ascenso, os de Extramundi, leváronse o gato á auga. Víase que o partido se decidiría nunha xogada illada e así foi, faltando 10 minutos para o remate. Aínda que o Furia o seguiu tentando, e tendo algunha ocasión clara, sobre todo nunha maravillosa de Paja, que atallou o porteiro rival Mene. Hai que destacar o debut da última fichaxe do Furia, Santi “o cabo” que despois dun periplo por equipos de todo o mundo, volve ás ringleiras do equipo que o veu medrar. Fixo un bo partido, demostrando que o que tivo, retivo. Agora as cousas complícanse, pero con todo o que queda por diante, confiamos en que os chavales de Mac, poidan remontar e loitar ó final do campionato polo gran obxetivo do ascenso. O equipo non voltará ós terreos de xogo ata o ano novo; concretamente ata o domingo 4 de Xaneiro, que visitarán ó Val do Ulla. Moita sorte.

Santi “O Cabo”

FUTBOL SALA FEMININO: Descansaron.

XUVENÍS: CALLOBRE-FURIA (2-0)

Non puido ser, e o Callobre truncou a boa xeira de resultados que levaban os nosos rapaces. Nun mal partido dos chavales, o equipo local mereceu a victoria. Nestas datas do Nadal, descansarán a próxima xornada.

CADETES: Descansaron

INFANTÍS: CACHEIRAS-FURIA (5-0)

Moito líder para os infantís. A pesar de que plantaron cara, esta volta a superioridade do rival foi manifesta e o resultado di o acontecido no campo. Tamén descansarán a próxima xornada.

ALEVÍNS: VAL DO ULLA-FURIA (12-0)

Resultado contundente e que amosa ben ás claras o acontecido no encontro. O Furia notou en exceso a ausencia de Manu Meniño. E a pesar do que poida parece polos doce goles encaixados; hai que destacar a maravillosa actuación de Danieliño (o noso porteiro); que se inchou a parar. Se non fose pola súa actuación, outro galo cantaría. Nas vacacións tamén, por suposto, descansan.

BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS (3-11)

Boa primeira metade dos “chiquilíns”, que chegaron a poñerse cun 3 a 4 esperanzador. Pero un baixón físico na segunda parte, fixo que o marcador fose máis abultado do que en realidade se veu no terreo de xogo. De tódolos xeitos hai que destacar os tres golazos do Furia, anotados por Serxio Rico (por partida doble) e Lois. Tamén descansan os pequechos, porque teñen que gardar forzas para esperar ós Reis Magos. Esperemos que a todos e a todas lles traian moitos regalos. Bo Nadal, chaval@s.

Xa sabemos que hai moitos carteis luminosos na estrada, pero dende a directiva, corpos técnicos, afeccionad@s, e toda a masa social do Furia, dende esta páxina gustaríanos desexarvos que todos e todas pasedes UN BO NADAL E QUE O ANO NOVO SEXA “COJONUDO”.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *