XORNADAS DO 14 E 15 DE MARZO

AFECCIONADOS: DESCANSO

Esta semana os nosos maiores xogarán dous partidos, que a priori se deberían converter en seis puntos para o noso casilleiro: o xoves de San Xosé (por certo felicidades a tod@s os que estedes de celebración de onomástica ese día) contra o Lestedo; e o domingo contra o Estudiantil. Ámbolos encontros celebraránse en, Campaña,  ás 5 da tarde.

FÚTBOL SALA FEMININO: FURIA-XERFA (0-4)

Non puido ser e as rapazas non puideron continuar coa súa boa racha. O encontro foi moi disputado sobre todo na primeira metade; pero na segunda ás do Xerfa amosaron claramente que eran superiores polo de agora ás nosas chavalas. Tamén xogarán dous encontros esta semana: os dous son moi importantes, xa que se miden a equipos que en teoría están xogando a súa liga; o xoves en Beiro ás 6 da tarde fronte ó Esteirana, e posiblemente o sabado fronte o Fame Negra. Moita sorte.

XUVENÍS: DODRO-FURIA (2-2)

Truncouse parcialmente a xeira de victorias consecutivas dos mozos, pero aínda así, siguen invictos unha xornada máis. Os goles anotados por Pablo Busto e Xoan Carlos; deron un punto máis para o casilleiro do Furia. O próximo sábado ás 5 da tarde en Campaña, enfróntanse a un difícil rival: o Ortoño.

INFANTÍS: BERTAMIRÁNS-FURIA (11-2)

Si a pasada xornada, os pupilos de Xabi lle endosaban 16 ó seu rival, esta vez os “trasquilados” foron eles. Recibiron 11 do segundo clasificado, que demostrou o porqué da súa clasificación. Dous novos goles de Lucas “Brasi” foron a única alegría esta xornada. O próximo venres ás 6 da tarde xogan un partidazo e derbi contra o Cordeiro -o cal se xoga moito-. Os nervios poden xogar unha mala pasada ó equipo de Manolo “Lula”. Xa se verá.

ALEVÍNS: CACHEIRAS-FURIA (3-2)

Definitivamente son as meigas. Posiblemente este sexa o equipo que podía ir mellor clasificado, pero a sorte este ano elles esquiva. Foron todo o encontro practicamente por diante no marcador (os dous goles foron marcados por Melanie), pero ó final como sempre; remataron perdendo o encontro. Que non se preocupen que o ano vindeiro, outro galo cantará. O sábado ás 11 da mañá enfróntanse ó Dodro, en Campaña.

BENXAMÍNS: FINAL DE TEMPORADA.

A pesar de quedar novenos na súa categoría, hai que felicitar a todos e todas pola súa enorme campaña e por ter tanto ánimo e ilusión. Son pequenos e esto é o máis importante. Tamén hai que felicitar e dar a noraboa ó tandem formado por Diego Fernández e “Perillo” pola súa laboura impagable e pola súa adicación con estes pequechos. Según o France Football estes son os destacados do ano (aínda que todos e todas son maravillos@s)

XOGADOR REVELACIÓN: Ricardinho.

XOGADOR CON MÁIS CORAXE: Xavi Martínez.

XOGADOR MÁIS REGULAR: Anxo.

XOGADOR CON MÁIS PROXECCIÓN: Lois.

XOGADOR MÁIS BOIÑO: Jonathan Baleirón.

PORTEIRO MENOS GOLEADO: Borja Seco- igualiño que seu pai-.

XOGADORES IMPORTANTES: Brais Galán, Brais Martínez, Leandro e Antonio

GOLEADORES:

. 1 gol…..Anxo Muñíz

. 4 goles…..Lois

. 19 goles e PICHICHI DO EQUIPO BENXAMIN – 19 goles son moitos goles, si señor-…….SERXIO, SERXIO …….RIIIII…RICO.

O “pichichi” Serxio Rico.

De pé (de esquerda a dereita): Anxo, Antonio, Borja, Lois, Brais Galán.

Aniñados (de esquerda a dereita): Jonathan Baleirón, Xabi, Serxio Rico, Brais Martínez. Ricardinho.

Completa o plantel: Leandro-que non estaba o día da foto-

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *