XORNADAS DO 29 E 30 DE MAIO

XUVENÍS: COPA DO SAR: O PINO-FURIA (4-5)

Espectacular e emocionante o encontro disputado polos xuvenís no Concello de Arca. Goles, emoción e remontada espectacular dos chavales de Polo e Cacharrito; que consiguen pasar unha eliminatoria máis. O partido ten moita historia. Un inicio moi malo, con moitos fallos defensivos, que fixo que O Pino se adiantase no marcador por 2-0. Pero un gol de Pascolo, ó borde do descanso doulle moitos folgos ós rapaces. Así xa no inicio do segundo tempo, foi Pó o que marcou o gol do empate. Pero un novo período de despiste fixo que o equipo contrario se adiantase novamente con dous goles. O 4 a 2 parecía insalvable; pero aí os chavales demostraron a súa ambición e con tres golazos marcados por Diego Fernández, Pablo Busto e Malekinho (éste xa no tempo de desconto) obraron un pequeno milagro.  Agora xa están en cuartos de final, e enfrontaranse ó Cacheiras, a partido único, pero aínda sin confirmar nin o día nin a hora. Vamos chavales que podedes facer historia.

INFANTÍS: PARTIDO AMISTOSO: CATOIRA-FURIA (4-1)

Partido moi bonito, pero onde se demostrou en todo momento a superioridade do Catoira. O gol do Furia foi marcado por Samuel Castiñeiras.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *