II CAMPIONATO DE TRUCO E XORNADAS DO 28 E 29 DE NOVEMBRO

II CAMPIONATO DE TRUCO DO FURIA:

Gran éxito de participación de novo no II Campionato de Truco, e ademais con bo rollito entre todos os participantes. Dende o Furia agradecer a participación de todos e todas, e felicitar a todas as parellas que conseguiron postos de honra tanto no campionato oficial como na repesca.

Rivais pero amigos. Moi bo ambiente, e como se pode observar houbo moita participación feminina neste campionato.

Vista panorámica dunha parte da sala de xogo, con dous dos participantes desmellorados pola influencia das castañas(??)

AFECCIONADOS: BUGALLIDO-FURIA (1-3)

Alineacións:

Bugallido: Pepe, Pablo, Xabier, Serxio, Mera, Paco, Antón, Manuel, Miguel, David, Xesús—–Dani.

Furia: Peixe (3), Paja (2), Rañó (2), Nena (3), Manolito (3), Xabi (2), Pincho (1), Tito (2), Lilu (2), Perreta (2), Álvaro (2)—-Flores (1)

Colexiado: Antonio Vázquez Dieste. Totalmente desapercibido o que fala ben da súa labor.

Incidencias: Campo Municipal de Framán-Bugallido. Catro amigos xogando ó tute.

O Furia fixo un partido moi serio. En seguida se lle puxo de cara ó encontro, xa que no minuto 15 gañaba por 2 a cero, gracias ós tantos anotados por Álvaro e Manolito de penalti. Pero ó final da primeira metade o Bugallido marcou un auténtico golazo de cabeza, acurtando a diferencia. A segunda metade transcurriu tensa pola incerteza do resultado, con ocasións por ambos bandos, pero ás ocasións do Bugallido foron todas moi ben resoltos por Peixe. Finalmente Perreta, dou tranquilidade ó equipo co terceiro tanto, no último minuto do encontro. Resultado importante, pero que haberá que refrendar o próximo domingo, en Campaña, cando se enfronten ó Terras do Ulla, ás 4 da tarde. Un partido que a afección espera con ansia, para ver a primeira victoria na casa; e que debe servir para encaramarse definitivamente nos postos de privilexio da clasificación; pero no que hai que ter moito ollo; xa que os visitantes veñen de gañarlle ó Praíña no último partido.

XUVENÍS: SP. ESTRADA-FURIA (4-0)

Alineacións:

Sp. Estrada: Dani, Iván, Fermín, Xabi, Antón, Gonzalo, Enrique, Roberto, Lamiño, Iván, Mato—-Rubén e Ricardo.

Furia: Carlos (2), Quique (2), Pepe (1), Pipe (2), Borja (2), Adriansinho (1), Rubén (1), Po (1), Brais Kuriña (1), Malekinho (1), Ferro (1)—– David (1), Potel (1), Diego Fernando (1) e Paco (1).

Colexiado: Óscar Enríquez. Boa labor, aínda que un pouco casero.

Incidencias: Campo Municipal de Figueroa. Pouco público.

Partido sen historia, onde o Sp. Estrada demostrou o por qué lidera a clasificación; aínda que o resultado é enganoso polo abultado, xa que o Furia dou batalla durante todo o encontro. O próximo sábado, ás 4 da tarde, teñen outro partido moi complicado fronte ó Ortoño, en Campaña.

CADETES: FURIA-BERTAMIRÁNS (0-0)

Alineacións:

Furia: Cristián (2), Alex Rial (2), Jonny (1), Brais (2), Adrián Casal (2), Miguel (3), Xose (1), Dani (2), Samuel (1), Lucas (2), Adrián Santos (2)—-Melanie (1) e Manu (1).

Bertamiráns: Mateo, Pepe, Rubén, Cristian, Santi, Xacobe, Nicolás, Iago, Adrián, Carlos, Xabier—- Diego, Marcos, Alberto, Álvaro e Mario.

Colexiado: Logan San Pedro. Arbitraxe correcto, pero ten tido días mellores.

Incidencias: Bastante público.

Bo partido dos dous equipos. Moi táctico e con moita loita sobre todo no medio campo. O Bertamiráns moveu mellor a pelota, pero sen embargo as mellores ocasións foron para o Furia (sobre todo unha de Lucas). O resultado foi xusto, e cabe destacar a labor do centro do campo e da defensa do Furia, cun Miguel que está inconmensurable nos últimos encontros. O vindeiro martes día 8, xogan o partido atrasado (polas inclemencias meteorolóxicas) contra o Dubra. Será ás 11 da mañá, en Campaña.

ALEVÍNS: AMISTOSO

O vindeiro venres 4, os chavales xogan un partido amigable en Porto, contra o Pontecesures, as 5 da tarde.

BENXAMÍNS: ROIS-FURIA (0-2)

Alineacións:

Rois: Serxio, Iker, Santi, Dani, Gabriel, Martín, Brais, Manuel, Xaquín, Samuel, Alex e Nicolás.

Furia: Jonathan (3), Xabi Martínez (2), Anxo (3), Antonio (2), Xabi Domínguez (2),  Brais (2) e Franco (3).

Colexiado: Jonathan Losas Otero. Impresionante o arbitraxe do noso veciño. Augúraselle un gran futuro no mundo do arbitraxe, ó igual que seu tío Paco Otero no mundo da caza.

Incidencias:Pouco público pero escollido, nunha mañá de moito frío.

Gran desplegue táctico, sobre todo defensivo; e en dous contragolpes o “crack” Anxo, marcou dous golazos que lle deron a primeira victoria do equipo. Maravilloso arranque de temporada, que nadie agardaba, pero que realmente se están merecendo os rapaces. O próximo encontro xogarase o vindeiro sábado 12 de Decembro, en Campaña, contra o Tordoia, ás 3 da tarde. Este fin de semana descansan.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *