XORNADAS DO 4, 6 E 7 DE FEBREIRO

AFECCIONADOS: FURIA-DODRO (0-1)

Alineacións:

Furia: Peixe (2), Paja (2), Patxi (2), Nevero (2), Nena (2), Manolito (3), Ferro (1), Perreta (2), Tito (1), Xabi (2), Álvaro (1)—-Toñito (2), Lilu (1), Pincho (1) e Rañó (1).

Dodro: Martín, Xosé, Carlos, Diego, Pablo, Valentín, Sáez, Calvo, Lorenzo, Fernando, Xosé Ramón—–Suárez, Xabiér, Álvaro e Rubén.

Colexiados:

Árbitro: Ánxo Martínez

Asistente: Álex Álvarez.

Asistente: Alberto Figueira.

Gran arbitraxe. Do mellorciño que se leva visto dende fai anos. Árbitros como estes son os que fan falta.

Incidencias:

A mellor entrada do ano. Dúas afeccións entregadas e que sabían o moito que se xogaban os dous equipos; pero dúas afeccións moi correctas e educadas e que animaron ós seus respectivos equipos sen cesar.

Non puido ser. Aínda que o Furia o tentou de tódolos xeitos posibles non puido co Dodro. Moi bo partido de fútbol, digno dunha categoría superior, e onde os dous equipos demostraron ser uns dos mellores equipos da categoría. Un gol nun rexeite dentro da área do Furia nunha xogada a balón parado desequilibrou o encontro; que de ser xustos debería ter rematado nun empate. Pero este último resultado non lle valía de moito a ningún equipo, polo que os dous xogaron a gañar. E o fútbol é así. Destacou o xogo colectivo dos dous equipos, con destellos de calidade en algunha fase do xogo. O resultado deixa moi tocado ó noso equipo, que ve cada vez máis lonxe o reto do ascenso. Pero quedan 24 puntos, e hai que seguir loitando ate que matematicamente non sexa posible. Imos tentalo. O vindeiro fin de semana (con horario e data sen confirmar), os nosos teñen outro compromiso dificilísimo; xa que se desprazan a Val do Ulla para medirse ó equipo local. Hai que queimar os últimos cartuchos, así que ánimo e a gañar. Reseñar que xa nas postrimerías do encontro tod@s nos levamos un gran susto, por medo a unha lesión grave do noso valente Nena, pero que afortunadamente parece que non foi tan grave, á falta dos últimos exames médicos.

Recupérate pronto Manuel!!


XUVENÍS: FURIA-CORDEIRO (1-1)

Alineacións:

Furia: Carlitos (1), David (2),Pepe (2), Quique (2), Pipe (2), Adriánsinho (1), Rubén (2), Pó (1), Ferro (1), Malekinho (1), Diego (1)—–Paco (1), Brais (1), Serxio (0), Potel (2) e Pascolo (1).

Cordeiro: Brais, Marco, Xabi, Samuel, Rubén, Diego, Xabier, Martín, David, Álex, Moises—–Martín, Diego e Yerai.

Colexiado: Xosé Manuel Vázquez Otero. Sen incidencias. Boa arbitraxe, nun derbi sempre difícil.

Incidencias: Bastante público en Campaña. Bo entendemento entre as afeccións, a pesar de ser un derbi.

Encontro moi malo dos dous equipos. O resultado pódese entender como xusto, porque ningún dos contendientes fixo máis que o outro para gañar. O gol de Carlos Potel, fixo xustiza ó  que se veu no campo. O Furia, sigue contando con moitas baixas. Este ano parecen estar gafados en canto ás lesións. Neste partido mesmo, volveuse a lesionar por enésima vez esta temporada Malekinho, que coas numerosas, non puido ter continuidade esta temporada; o que se nota moito, xa que é unha peza clave deste equipo. O vindeiro sábado, ás 4 da tarde, teñen unha visita en teoría asequible, xa que visitan o feudo do Esquío. Unha boa xornada para voltar a traer os tres puntos no “saco”. Sorte.

CADETES: DUBRA-FURIA (0-2)

Alineacións:

Dubra:Xoan, David, Marco, Adrián, Xoan, Rubén, Mikael, Diego, Alberto, Suárez, Brais—-Lucas, Pablo, Raúl e Alberto.

Furia: Cristian (2), Álex Barreiro (2), Jonny (1), Miguel (2), Adrián Casal (2), Brais (3), Anxo (1), Dani (2), Samuel (1), Lucas (2), Adrián Santos (2)—–Xose (2) e Kevin (2).

Colexiado: Pablo Sindo Hermida. Boa labor en xeral. Non tivo ningún tipo de complicación.

Incidencias: Partido disputado no Campo do Dubra o sábado pola tarde. Asistiu bastante público.

Bo colofón a unha temporada que podemos considerar de irregular, por parte dos cadetes, pero onde deron a cara en todos os encontros. Os goles de Lucas e de Kevin (que por fin se estreou), deron unha victoria cómoda ó noso equipo. Rematou a competición ligueira para esta categoría, xa que nas dúas últimas xornadas descansan. A vindeira semana teremos xa feito o resumo da temporada co máis destacado desta categoría. Agora a seguir adestrando e a esperar pola Copa do Sar.

ALEVÍNS: FURIA-PONTECESURES (1-16)

Alineacións:

Furia: Borja (1), Salvador (2), Brais (1), Xoan Manuel (1), Alex (1), Serxio Rico (1), Samuel (1), Ismael (1), Ricardo (1), Anxo (1), Noelia (1) e Manu Meniño (1).

Pontecesures: Fran, Santi, Marcos, Rodri, Lorenzo, Álex, Ricardo, Samuel, García, Xoan, Xabi e Dani.

Colexiado: Serxio Silva Mella. Desapercibido.

Incidencias: Partido disputado en Campaña o xoves ás 6 da tarde, con asistencia de bastante público.

Que dicir. O resultado fala ben ás claras da abrumadora superioridade do equipo cesureño; que demostrou que o claro candidato a conseguir o título ligueiro esta temporada. De tódolos xeitos os nosos chaval@s estiveron moi por debaixo das súas posibilidades. O gol da honrilla foi anotado por Serxio Rico. O vindeiro sábado, viaxan á Esclavitude, onde poden conseguir unha nova victoria, xa que o equipo local é o pechacancelas da categoría. Sorte.

BENXAMÍNS: BERTAMIRÁNS-FURIA (11-0)

Alineacións:

Bertamiráns: Álvaro, Xurxo, Alessandro, Pablo, Joel, Enrique, Álvaro, Manuel, Lareo, Carlos, Alberto e Salgado.

Furia: Jonathan(1), Xabi Martínez (1), Anxo (1), Nerea (1), Leandro (1), Xabi Domínguez (1), Xosé Antonio (1), Xose (1), Brais (1) e Nico (1).

Colexiado: Rodríguez Varela.

Incidencias: Encontro celebrado no municipal de Bertamiráns, con escaso público.

Non foi unha boa xornada para as categorías dos máis pequech@s. Ó igual  que os seus “maiores” dos alevíns, enfrontábanse ó líder da categoría, e tamén foron superados con amplitude. Outra vez será. O vindeiro sábado ás tres da tarde, en Campaña, reciben a outro dos equipos fortes da categoría: o Dubra. Haber si esta vez hai máis sorte e dan a sorpresa.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *