INFANTÍS : OROSO “B” (7) – FURIA (0)
Campo “Lino Balado ” (Sigüeiro) : Basatante menos de media entrada.
Colexiado : Fernando Muíño. Moi bo chaval.
Oroso :Aitor, Alex, Dani, Martiño, Xaime, Rubén, Picón, Miguel, Manolo, Xavi, Toni, Serxio, Joni, Tucho, Daniel e David
Furia :Dani (2), Franco (1), Joni (1), Manu Busto (2), Salva (1), Alex (1), Xoán (1), Brais (1), Lucho (1), Manu Meniño (1), Samuel (1), Toni (1), Jonis (1) e Leandro (1).
Partido moi floxo por parte dos nosos que, seguramente, chegaron un pouco cansados do viaxe. Bastante frío en Sigüeiro. Sábado as 11.30 en Campaña, frente ó Praíña , boa ocasión para intentar puntuar.
AFECCIONADOS : ROIS (2) – FURIA (3)
Campo de Extramundi. Na primeira parte: 36 persoas. Na segunda : 67.
Colexiado : Segundo Tubío. Moi protestado tanto polo adestrador, como polos xogadores e, como non, pola nosa imperiosa afición. Aumentou o final do partido en seis minutos. Non chegou a montaña a Mahoma. Amosoulle nove tarxetas amarelas ós xogadores do Furia e tres ós do Rois nun partido de “luva branca”.
ROIS : Pablo, Socorro, Rodri, Carlos, Toni, Manolo, Diego, Pepe, Ivan, Mario e Pedro……Suso, Ferro,Soñora e Carlos G.
FURIA : Peixe (3), Rubén (2), Miguel (2), Manu (2), Juanjo (3), Agrasar (1), Liluu (1), Cassano (2), Adrián (1), Diego (2) e Tito (3)………..Parrulo (1), Maleko (1), Marcos (-) e Älvaro (1).
Encontro que se puxo de cara moi pronto para o Furia cun golazo de Tito e outro de Diego, co cal fomos para o descanso. No comezo da segunda, nun tremendo despiste defensivo ó querer xogala como o Barsa, marca Manolito en propia meta (1-2). Na seguinte xogada, despois do saque de centro, remata a gol Tito unha bonita xogada de ataque (1-3). O Furia baixa os brazos, como se estivera todo feito, e nun balón roubado polo Rois pisa a area o dianteiro tropezando con Manolito e sinalando un discutible penalti o colexiado. Case a “lía parda”. Menos mal que o parou Peixe. O Rois vense arriba e consegue marcar o 2-3 con un gol pantasma. Cun xogo tremendamente vertical, o Rois, logra que se nos poñan de garabata sen conseguir marcar. Na última xogada do partido puido o Furia, por medio de Xavi Cotón, marcar o cuarto gol ó rematar á base do poste unha marabillosa xogada do todo o equipo. Resultado xusto e un pouco enganoso. O próximo encontro será o domingo 31, as 16.30 horas, no campo de Campaña fronte ó temible Bugallido.
O PARTIDO VISTO POR…
CAPI E BO
Bueno, para nós foi un partido bastante malo e un tanto aburrido. Ó prinsipio o Furia empesou moi ben, pero despois xa pensaron que taba todo feito e un pouco máis e jódennos o partido. De todas formas os nosos demostraron que son mellores que os do Rois. Pero o partido, se cadra, foi o peor e máis feo que xojou o Furia no que vai de temporada. O máis bonito foron os joles, que foron moi chulos, e unha xojada que fixo todo o equipo e que tirou Cassano ó poste. Se cheja a entrar sería un jolaso. Hai que quedarse ca victoria que nos deixa outra ves de líderes e invictos. Parese que polo menos podemos ter unha temporada ilusionante. Tamén temos que destacar dúas chavalas maravillosas que había no campo. A ver si collemos unha mosiña e casamos. Fasemos un chamamento dende aquí a tódalas posibles interesadas.
XUVENÍS: SAN MAMEDE-FURIA (6-1)
Alineacións:
San Mamede: Óscar, Francisco, Roberto, Rodrigo, Diego, Raúl, Samuel, Adrián, Miguel, Braulio, Manuel—Xoan, Iago, Fontenla e Álvaro.
Furia: Xulián (1), Pablo (2), David (1), Kuric (2), Quique (2), Pepe (1), Pascolo (1), Adriánsinho (2), Pipe (0), Adrián (1)—–Álvaro (1), Serxio (1), Jonni (1), Fran (1) e Miguel (1).
Colexiado:
Carlos López Barciela. Sen traballo. Quizáis un pouco “chulito” como pistolero e un pouco maleducado cos xogadores dos dous equipos.
Incidencias:
Unha hora intempestiva para o fútbol, xa que se xogou ás 10 da mañá. Moitísimo frío e unha néboa que non levantou. Bastante público que apoiou con gañas ó equipo local.
A crónica:
Mal encontro dos chavales do Furia, en xeral. Comezaron moi ben, facendo un fútbol brillante; pero foron diluíndose pouco a pouco como “asucarillos”. Quizais, fora consecuencia da noite de festa anterior co DJ Kurd Maverick. E esta vez, non todo é achacable ó novo porteiro “Casi” que non o fixo tan mal. O gol dos nosos foi moi bonito, e anotado por Adrián Santos. Tamén volveu ós terreos de xogo, Pablo Cascallar, que foi un dos mellores do noso equipo. Según os últimos rumores, o adestrador está na picota, e pode haber noticias en breve. Aínda que el asegura que está facendo ben o seu traballo; e que sabe que esta é unha temporada de transición, e que ademais fáltalle un mes de rodaxe ó equipo. O vindeiro partido será en Campaña, o sábado, ás 5 da tarde. Visita o noso campo o líder: Agolada. Non será “pataca minuta”. Moita sorte chavales, e a ver si damos a sorpresa da xornada.
BENXAMÍNS: INICIO DE LIGA.
O vindeiro sábado, en Campaña, ás 4 da tarde, os pequechos inician o campionato ligueiro. E xa teñen un difícil rival, como é o Val do Ulla. Moita sorte, rapaces.
alegrome moito por o comenzo do equipo afecionado do furia ac. O que si quero criticar son os comentarios horrendos, sen ningun criterio que fan os dous fenomenos encargados da paxina. Un saudo a todos
tes razon virgi, esto xa parece PUNTO PELOTA
a culpa é de quen inventou internet, me cago na hostia,,,
hola holita, yo no lo veo de ese modo, creo que los dos señores que redactan la página saben mucho de fútbol, por haí como cataíña o así.Por lo tanto pediría un poco de respeto hacia su persona. hala furia!
Pensei que se ía encher esto de comentarios de rapazas interesándose pola oferta de Capi e Bo pero xa vexo que non tivo moito éxito.
canta razón tedes. hai que matar ós redactores.
a ver si, polo menos, perde domingo o madri.
No sé porque criticais a los hacedores de esta bendita página. Pero si está interesante la oferta hecha por eses dos chicos. Bueno, supongo que serán dos chicos.
dejad tranquilos a esos dos chicos de la pagina que para lo que entienden bastante hacen, parecen paco buyo y el loco gatti