XORNADAS DO 20 E 21 DE NOVEMBRO (DÍA DE SAN RUFO EN ROMA)

AFECCIONADOS: TERRAS DO ULLA-FURIA (0-6)

Alineacións:

Terras do Ulla: Moisés, Diego, López, Carballal, Marcos, Pepe, Salva, Manolo, Mario, Miguel, Cristian—–Serxio, Carlos e Andrés.

Furia: Peixe (1), Malekinho (2), Patxi (1), Martín (2), Manolito (2), Nevero (2), Ferro (2), Xabi (2), Tito (2), Diego (3), Álvaro (3)—–Parru (1), Rañó (1), Marcos (1), Roni (1) e Juanjo (1).

Colexiado:

Carlos Vilaverde. Nun partido de guante branco, complicouse o final do encontro, con varios cartóns sen vir moito a conto, cando todo estaba decidido e sen que os xogadores lle causasen nin o máis mínimo problema.

Incidencias: Partido celebrado no campo de A Baiuca-Pazos, nunha tarde moi agradable e con pouca afección; a maioría eran do noso equipo.

A crónica: E xa van 10. Si, este ano están batendo tódolos récords históricos do noso equipo. 10 partidos invictos -e con solo un empate-, non é moco de pavo. Os pupilos de Mac e Flores, están callando un inicio de campaña magnífico…. e que dure. Onte, a verdade é que foron moi superiores ó equipo local do Terras do Ulla. O resultado xa o di todo, pero a pouco que estivesen un pouco máis acertados de cara ó gol, poderían ter colleitado un resultado de escándalo. Abriu a lata Tito, cun auténtico golazo, e logo Álvaro con 4 “chicharros” e Diego Melenas, fixeron o resultado que ó final reflexou o marcador. O Terras do Ulla, púxolle moito empeño. O vindeiro domingo ás 4 e cuarto da tarde, visita Campaña un equipo histórico como o Praíña. Un partido interesante, e unha bo reto para seguir pola boa senda.

O PARTIDO VISTO POR…

PEKE.

Home, o partido foi moi fácil, porque para min o Terras do Ulla é o peor equipo que vin ata o momento. Non me gustou nada o arbitro. Si os nosos apretaran o acelerador, poderían onte marcar un montón de goles máis, que ó mellor despois son necesarios.

XUVENÍS: CORDEIRO-FURIA (0-0)

Alineacións:

Cordeiro: Cristian, Isaac, Rubén, Samuel, Magariños, Fabio, Víctor, Marco, Martín, Rodrigo, Moisés—–David, Bragaña e López.

Furia: Temperán (2), Kike (2), David (2), Kuric (2), Pablo (2), Álex (3), Pepe (1), Pascolo (1), Adriansinho (2), Pipe (2), Santos (1)——Jonni (2), Carlos (1) e Miguel (1).

Colexiado:

Vicente Fiel Torres. Como de costume. Pitando dende o medio do campo e complicándose a vida el soliño, nun encontro, que para ser un derbi, foi do máis limpo. Tivo incluso bastante polémica co corpo técnico do Furia. Deixou ó Furia con nove xogadores e prolongou o remate do partido en sete minutos.

Incidencias:

Graderío practicamente cheo para asistir ó primeiro derbi do ano. Aínda que o ambiente non foi demasiado animado. Non asistiu ningún membro da corporación municipal.

A crónica:

Xa o dixemos a semana pasada. Un derbi é un derbi. E si parecía que o Cordeiro podía apabullar ó Furia, foi máis ben todo o contrario. Moi ben situados no campo e con moita motivación, o Furia plantou cara e tivo as dúas ocasións máis claras que houbo no encontro. Primeiro cun penalti marrado por Adriansinho, e xa na segunda metade cun tiro de Pipe, que non foi gol de chiripa. O Cordeiro non creou apenas perigo, e solamente en algún córner, inquietou algo ó noso gardameta, que se amosou bastante seguro todo o tempo. O próximo sábado ás 4, reciben ó Bandeira. A ver si inauguran xa o casilleiro das vitorias. Si loitan e xogan como esta xornada, todo é posible.

INFANTÍS: CACHEIRAS B-FURIA (2-3)

Alineacións:

Cacheiras B: Manolo, Berto, Airas, Brais, Pablo, Davor, Gabri, Fabiano, Moncho, Simón, Ana—–Nico, Iago, Iago Montes, Pablo A. e Xaquín.

Furia: Dani (2), Franco (2), Xabi (2), Manu Busto (2), Salva (2), Rubén (2), Xoan (2), Manu Meniño (2), Lucho (3), Samuel (2), Xosé Luis (2)—–Jonathan (2) e Brais (2).

Colexiado:

Emilio “Miluco” López. De tacón. Un pouco lixeiro de quilos.

Incidencias:

Partido celebrado na “Cañoteira” en Cacheiras. Moito frío.

A Crónica:

Por fin chegou a primeira vitoria. Nun partido moi intenso por ambos bandos, decidiu o encontro o espectacular estado de forma de Lucho; que cun “hat-trick”, conseguiu que o equipo de Tito e Ferro, conseguise inaugurar o casilleiro dos trunfos. Van a mellor, e pouco a pouco verase a súa melloría. Noraboa e a seguir pelexando. A vindeira xornada, outro partido interesantísimo para os chavales; xa que chega outro derbi cos nosos veciños. Ás 11 e media da mañá, o sábado, en Campaña, enfróntanse ó Cordeiro. Boa oportunidade para deixar atrás os postos máis baixos da clasificación e seguir adiante coa melloría. Afección, a animar ós chavales, neste partido importante.

Luis David Domínguez “Lucho”, Autor dos 3 tantos

BENXAMÍNS: BERTAMIRÁNS C-FURIA (5-0)

Alineacións:

Bertamiráns C: Berto, Álex, Miguel, Mario, Raúl, Gabri, Rouco, Vilas, Marcelo, Barcia e Carlos.

Furia: Matías (1), Álex (1), Edgar (1), Laura (1), Isaac (1), Brais (1), Leandro (1), Yessica (1), Fabián (1) e Xosé (1).

Colexiado:

Carlos Da Viña. Sen problemas.

Incidencias:

Moito público. Traballa a dios a cantina do equipo local.

A Crónica:

Foi a única derrota da xornada, pero a pesar do que poida parecer, tiveron moi cerca de alcanzar algo positivo. Seguen mellorando día a día, e pronto se verán os resultados positivos. O sábado, reciben en Campaña, ás 3 da tarde, o histórico San Mamede. Boa oportunidade para puntuar.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *