XORNADAS DO 9 E 10 DE ABRIL (DATA DO CAMPIONATO DE LIGA 2010 / 2011)

BENXAMÍNS : ROIS (9) – FURIA (0)

Campo de Pazos, bastante “ambientillo”.

Colexiado : Álvaro Domínguez, moi boa arbitraxe. Notase que é da escola de Rubén Maquieira.

Alineacións :

ROIS : Aarón, Nico, Martín, Raúl, Abel, Pablo, Clemen, Serxio, Brais, Dani e Manolo.

FURIA : Matías, Álex, Isaac, Brais, Edgar, Laura, Leandro, Martín e Iessica.

Non se puido facer moito mais contra o poderoso equipo local a pesar que, ó descanso, fomos con un honroso 3 a 0.

O próximo sábado recibiremos en Campaña ó Bertamiráns  “B”.

 

INFANTÍS : CALO (7) – FURIA (1)

Campo de Rebórdelo, paupérrima afluencia de aficionados.

Colexiado : Eusebio Rodríguez, todo un veterano.

Alineacións :

CALO : Adrián, Marcos, Hugo, Nico, Pablo, Xabi, Olmo, Pepe, Álex, López e Martín……….Manolo, Mosqueira, Moncho e Márquez.

FURIA : Dani, Franco, Rubén, Manu Busto, Xabi, Luís, Xoán, Manu Meniño, Lucho, Samuel e Ionis……. Ionathan.

Moi bo primeiro tempo, 3 a 1 gol de Lucho, con  moi bo fútbol abrindo o xogo polas bandas. Na segunda parte o Calo foi a por todas e acabou deixando o marcador final con bastante claridade.

Non pasa nada, seguimos coa loita. O xoves 14 xogaremos en Ponte Vea o partido atrasado contra o Praíña.

E o vindeiro sábado enfrontarémonos ó Callobre en Campaña ó Callobre. Sorte.

 

XUVENÍS : DODRO (O) – FURIA (7)

Campo de Chenlo – Laíño, tarde de moita calor. Había o “Ralli de Noia”.

Colexiado : Claudio Castro, todo un derroche físico.

Alinacións .

DODRO : David, Paco, Martín, Álex, Iván Q., Brais, Iago  e Iván D.

FURIA : Tempe, Carlos, Miguel, Quique, Pablo, Pipe, Pepe, Adrián, Santos, Ovi – Tu e Brais…….. Paco, Potel, David e Xosé.

Non houbo color. O Dodro presentouse con só 8 xogadores e, os nosos, foron con toda artillería ( non tiña que ir xogar ningún o domingo cos maiores ) e iso nótase. Este equipo se tivera toda a temporada tódolos xogadores, outro galo cantaría. Pero había que axudar ó primeiro equipo e vaia se non axudaron. Moitas gracias chavales.

Volvendo ó partido, temos que destacar que na primeira metade xa ganaba o Furia por 0 a 6. Ó comezo da segunda o Furia faría o 0 a 7. “Lesiónanse” dous xogadores do Dodro e o árbitro vese obrigado a suspender o partido. E así rematou o conto. Os goles foron obra de Adrián, Potel, Xosé, Pepe, Quique e Santos (2).

O último partido da liga será este sábado en Campaña contra o Milladoiro. Veña, alegría.

 

AFICIONADOS : DODRO (0) – FURIA (1)

Campo de Chenlo – Laíño, algo mais de media entrada. Non estiveron presentes nin o alcalde de Dodro nin o de Valga.

Colexiado : Segundo Tubío, bastante traballo. Amosou tres cartóns amarelos ó Dodro e catro ó Furia.

Alineacións :

DODRO : Martín, Pablo, Rubén, Iván, Paco, Xoán, Pepe, Manolo, Xacobe, Xabi, e q Quique………. Anxo, David e Gordon.

FURIA : Peixe, Juanjo, Patxi, Manoliño 1º, Manoliño 2º, Moncho, Adrián, Xabi, Tito, Diego e Álvaro……. Santi  Agrasar, Rañósiño, Marcos e Liluu.

Feo, feo, feo. Posiblemente un dos partidos mais feos da temporada. Moito xogo de tanteo polos dous bandos, tanto o equipo de Magariños, como o equipo de Martín, non querían perder. O Dodro se ganaba aínda tiña posibilidades de ascenso e, o Furia ganando era campión. E así foi.

Na primeira metade, practicamente, nin un tiro á portería. A mellor oportunidade dispúxoa Álvaro no primeiro minuto que, nun man a man con Martín, non foi capaz de resolver. Mais tarde Xabi rouba un balón na area do Dodro e, cando xa todos  cantabamos o gol, quere regatear  a Martín golpeando o balón cara as brañas de Lestrove. Descanso, 0 a 0.

Comeza a segunda parte e mais do mesmo. Balón para arriba e todos a correr. Aquí dispuxo o Dodro de dúas magnificas oportunidades para inaugurar o marcador. Primeiro foi un tiro que repeleu o longueiro e mais tarde unha falta ó borde da area que lanzou maxistralmente o ex do Furia Gordon facendo un paradón Peixe ca man cambiada, enviando o balón a saque de esquina. Xa cando case dabamos por bo o empate, minuto 89, unha boa internada de Marcos pola banda dereita, centrou, fallou no despexe un defensa local, e alí estaba Álavaro para, esta vez si, resolver ante o bo de Martín.

Reseñar a exquisita deportividade dos xogadores, corpo técnico e afición do Dodro que, a pesar da rivalidade existente, foron quen de felicitar ó noso equipo. Moitas gracias.

Agora descansamos e toca festas e comedelas. O último encontro de liga será en Tordoia en hora e dia por confirmar.

GRACIAS A TODAS E A TODOS QUE NOS APOIASTES

EN TÓDOLOS MOMENTOS !!!!

E, PARA O ANO, TODO MUNDO A

FACERSE SOCIO !!!!!

GRACIAS TAMÉN Ó EQUIPO XUVENIL POR ESTAR

SEMPRE DISPOSTOS !!!!

HALA FURIA !!!!   HALA FURIA !!!!!   HALA FURIA !!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *