SEGUNDA AUTONÓMICA

Taragoña – 4 / Furia – 0

Campo da Lomba; non collía un alfiler. O Taragoña aparte de quedarse cos puntos tamén se quedou cunha boa recaudación.

Colexiado : Vicente Fiel, de Boiro. Como da familia, sen maiores problemas. Amosou dous cartóns amarelos por cada equipo.

Alineacións :

TARAGOÑA : Xoán, Rafa, Gonzalo, Meira, Otero, Valentín, Diego, Toni, Alberto, Adrián e Serxio …… Antón, Parrulo, Collazo e Pedro.

FURIA : Xosé, Salva, Manuel, Xoán, Maleko, Tito, de Nai, Manolo, Lilu, Diego e Álvaro ……..  Moncho “Pistolas”, Adrián Ferro, Marcos, Miguel e Pipe.

O peor partido do Furia no que vai de temporada. O Taragoña foi merecedor dos tres puntos facendo un fútbol moi práctico,  desbordando en todo  momento o sistema defensivo do equipo visitante. O ataque do Furia case non existiu se ben hai que resinar un disparo de Roberto á cruceta na primeira metade e na segunda un de Moncho “Pistolas” que enviou o porteiro local a saque de esquina.

Goles : Alberto, Serxio, Antón e Parrulo.

Contabamos con sacar algo positivo na visita a Rianxo e viñemos de moi mala leite. A liga sigue e no próximo partido hai que ganar.

O domingo 11, as catro da tarde, temos un bo encontro en

Campaña : Furia – Carcacía.

TODOS A CAMPAÑA …….. HALA FURIA  !!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

One thought on “SEGUNDA AUTONÓMICA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *