SEGUNDA AUTONÓMICA

SP. LAMPÓN – 5 / FURIA – 2

Campo da Mina; terreo de xogo primitivo. Gardouse un minuto de silencio polo pasamento do pai do xogador do Furia Diego González, facendo os xogadores dos dous equipos un emotivo circulo no medio do campo.                                                  Moito traballou a cantina. Nunca saberemos se o nome do campo e por unha “mina”  ou é que é unha “mina”.

Colexiado : Manolo Tanoira, de Santiago. Mal. No terceiro tanto do Lampón está o autor do gol en fora de xogo e co tres a un non lle sinalou un penalti a Adrián ferro de xeito incrible. Amoestou con catro amarelas ó Lampón e con tres ó Furia.

ALINEACIÓNS :

SP. LAMPÓN : Roberto, Dani, Paco, Serxio, Anxo, Óscar, Silva, Xosé, Fungueiriño, Sigfredo e Brión …..Álex, Silva, Gordon e Montes.

FURIA : Xosé, Maleko, Miguel, Salva, Manuel, Santi, Toñito, Pipe, Manolo, Tito e Álvaro …..Xabi, Marcos, Adrián Ferro e Adrián Martínez.

Situación moi semellante ó partido de Taragoña, salvando as distancias sobre todo polo terreo de xogo, onde o Furia se presentou a xogar con oito baixas motivadas por diversas causas. O Furia empezou o partido moi ben e puido adiantarse primeiro no marcador por medio de Álvaro e despois por  medio de Tito que fallaron estrepitosamente.

No ecuador da primeira parte o colexiado sinalou penalti a prol do Lampón por unha acción cometida por Pipe, motivando o primeiro tanto do partido. Antes do descanso tivo unha moi boa Álvaro pero o seu disparo foi á base do poste esquerdo.

Comenza a segunda metade e todos esperaban unha reacción dos nosos cando, nun “plis-plás” o Lampón enchufa o segundo. Imos con defensa de tres ó ataque total tipo “sétimo de cabalería” e, nunha contra en claro fora de xogo, anota o terceiro o equipo local. Case caen as gradas. Ninguén se esperaba isto.

No minuto 20, falta sinalada a prol do Furia no borde da area. Executouna maxistralmente Xabi Cotón por riba da barreira. Quedaban esperanzas.

Cinco minutos despois, Adrián Ferro foi derribado clarisimamente por un defensa provocando un penalti como unha casa. Todo o mundo o veu menos o árbitro.

Os nosos seguen ó ataque con mais corazón que cabeza e, na saída dun córner marcaría o ex-xogador do Furia Gordon o 4 a 1.

Noutro ataque do Furia Adrián Ferro poñía o 4 a 2 xa no remate do partido.

Xa en tempo de prolongación marcaría o Lampón o definitivo 5 a 2.

Os goles locais, tres deles a balón parado, foron obra de Dani, Silva, Xosé, Brión e Gordón.

Aparte do campo. Aparte das ausencias de varios titulares. Aparte da “Cea de Nadal” do véspera. Aparte de facer un punto dos últimos nove posibles. Aparte de todo isto…….Aínda estamos na posibilidade dos 24 puntos por volta que é son os que temos que facer para non ter problemas ó final da temporada.

Por todos vos e por todos nos, temos que conseguilo. Ó fin e o cabo isto non mais que fútbol.

O partido aprazado no seu día contra o Carcacía xogarase no Ramón Diéguez de Pontecesures o vindeiro sábado as catro e cuarto da tarde.

Queremos aproveitar esta última parte do texto para darlle as gracias ós representantes do Concello de Pontecesures por permitirnos usar as súas instalacións sen maiores problemas e a tódalas  veciñas e a tódolos  veciños deste Concello por ser tan comprensivos. Moitas gracias.

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *