FURIA – CARCACÍA “DÍA DE NOITEBOA”

FURIA – 1 / CARCACÍA – 1

Campo Ramón Diéguez de Pontecesures; ambientón nas gradas con mais de 250 espectadores que tiveron un comportamento exquisito. Primeiro partido do exilio.

Colexiado : Vicente Fiel, de Boiro. Ben, non tivo problemas. Os xogadores actuaron con moita deportividade. Amosou tres amarelas ó Furia e outras tres ó Carcacía.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Miguel, Juanjo, Martín, Manuel, Salva, de Nai, Xabi, Manolo, Tito e Álvaro (Adrián Martínez  “Lilu”,71′).

ADESTRADOR : Martín Busto.

DELEGADO : Marcos Jamardo.

 

CARCACÍA : Poli, Pedras, Fran, Henrique, Erik, Repetido, Tourís, García, Conde (Ares, 81′), Bello (Reino, 53′) e Miguens (Fraga, 72′).

ADESTRADOR : Rodrigo Crespo

DELEGADO : Xosé María Noia.

 

O partido empezou con moita marcha, no minuto 15 xa se marcaran os dous goles, o primeiro un bo zambombazo de Roberto Sieira “de Nai” dende fora da area que nada puido facer Poli. O segundo marcouno Xoán “Repetido” dunha falta directa dende 25 metros ´na que Peixe tan so fixo a estatua.

Despois disto o partido foi a peor canto quixo : o Furia a intentar xogala, perdendo unha chea de balóns, e o Carcacía a rompela atrás e roubando unha chea de balóns.

O partido foi parco en ocasións aínda que, se temos que sinalar unha, foi da que dispuxo no minuto 92 Adrián Martínez “Lilu” ó atoparse cun magnifico balón ó borde da area pequena e, cando xa se cantaba o gol, vemos que a pelota sae disparada por riba do peche do campo tendo que ir seu pai a buscala á casa de Alfonso.

Rematou o partido no minuto 95 con tódolos xogadores, árbitro, directivos e afición dándose a man pola deportividade demostrada.

O Furia, como xa o fixo público, agradece a actitude do Club de Fútbol Pontecesures e o apoio da Corporación Local.

http://www.pontecesures.net/

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *