HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

INFANTÍS

Sálvora / Furia; Martes 7, Hora 16.30, Campo da Fieiteira.

 

BENXAMÍNS

Pontecesures / Furia; venres 9, hora 18, Pavillón de Dodro.

 

Abanqueiro “B” / Furia; sábado 10, hora 11.15, Campo da

Charca.

 

PREBENXAMÍNS

Cacheiras / Furia; sábado 10, hora 12, Campo da Cañoteira.

 

XUVENÍS

Sábado 10; descanso.

 

SEGUNDA AUT 😎 NÓMICA

Furia / Carcacía; domingo 11, hora 16, Campo de Campaña.

 

 

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Taragoña – 4 / Furia – 0

Campo da Lomba; non collía un alfiler. O Taragoña aparte de quedarse cos puntos tamén se quedou cunha boa recaudación.

Colexiado : Vicente Fiel, de Boiro. Como da familia, sen maiores problemas. Amosou dous cartóns amarelos por cada equipo.

Alineacións :

TARAGOÑA : Xoán, Rafa, Gonzalo, Meira, Otero, Valentín, Diego, Toni, Alberto, Adrián e Serxio …… Antón, Parrulo, Collazo e Pedro.

FURIA : Xosé, Salva, Manuel, Xoán, Maleko, Tito, de Nai, Manolo, Lilu, Diego e Álvaro ……..  Moncho “Pistolas”, Adrián Ferro, Marcos, Miguel e Pipe.

O peor partido do Furia no que vai de temporada. O Taragoña foi merecedor dos tres puntos facendo un fútbol moi práctico,  desbordando en todo  momento o sistema defensivo do equipo visitante. O ataque do Furia case non existiu se ben hai que resinar un disparo de Roberto á cruceta na primeira metade e na segunda un de Moncho “Pistolas” que enviou o porteiro local a saque de esquina.

Goles : Alberto, Serxio, Antón e Parrulo.

Contabamos con sacar algo positivo na visita a Rianxo e viñemos de moi mala leite. A liga sigue e no próximo partido hai que ganar.

O domingo 11, as catro da tarde, temos un bo encontro en

Campaña : Furia – Carcacía.

TODOS A CAMPAÑA …….. HALA FURIA  !!!!

XUVENÍS

Furia – 0 / Cruces – 4

Campo de Campaña; tarde desapracible. Unha ducia de espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo pasamento da avoa do adestrador local Carlos Sanjurjo.

Colexiado : Pepe Raíces “fillo”, de Santiago. Sen problemas.

Alineacións :

FURIA : Bille, Tempe, David, Miguel, Quique, Xosé, Ionis, Paco, Alberto, Luís David e Pablo ……. Curros e Danieliño.

CRUCES : Lourenzo, Alberte, Dani, David, Felipe, Diego, Álex, Bruno, Daniel, César e Dan  …… Ramos.

Catro chegadas e catro goles como catro caracois. Dous en cada parte e os da Vila de Cruces todos contentos para a súa casa. Debutaron Luís David e Danieliño.

Goles : Daniel, 2; César e Dan.

Para a semana descansamos que boa falta nos fai.

XORNADA DO TRES DE DECEMBRO

PREBENXAMÍNS, BENXAMÍNS E INFANTÍS

Encontros disputados no Campo de Campaña na mañá do sábado ante númeroso público. Seguimos sen poder montar cantina.

REBENXAMÍNS :

Furia – 9 / Rois “B” – 2

Colexiado : Xaquín Ventoso, de Boiro. Moi ben.

Alineacións :

FURIA : Mario. Manolo, Xosé, Aaron, Anxo, Roberto, Carlos, Iker, David, Salva, Samuel, Ainhoa e Álex “Runi”.

ROIS “B” : Lois, Hugo, Martín, Nicolás, Xulián, Víctor, Álex, Marcos, Souto, Iago, Brais e Pardal.

Primeira xornada de liga para desfrute dos avós, avoas, nais, pais, irmáns, primos e, por suposto, dos nenos.

Goles do Furia : Salva,5; Runi,3 e Mario.

Goles do Rois “B” : Víctor e Álex.

Próximo encontro : Cacheiras – Furia; sábado 10, hora 12, Campo da Cañoteira.

 

BENXAMÍNS :

Furia – 3 / Abanqueiro – 8

Colexiado : Claudio Castro, de Boiro. De tacón.

Alineacións :

FURIA : Matías, Edgar, Isaac, Martín Calvo, Martín Freiría, Iessica, Pablo, Álex, Laura, Xosé e Leandro.

ABANQUEIRO : Lois, Álex, Álvaro, Pepe, Manolo, Alberte, Adrián, Suso e Mario.

Moi boa primeira metade metade dos nosos. Na segunda. moi boa para o Abanqueiro.

Goles do Furia : Leandro,3.

Goles do Abanqueiro : Suso,2; Alberte,4; Manolo e Álvaro.

Próximo encontro : Abanqueiro “B” – Furia; sábado 10, hora 11.15, Campo da Charca.

 

INFANTÍS :

Furia – 2 / Crocha – 4

Colexiado : Claudio Castro, de Boiro. Moi ben.

Alineacións :

FURIA : Xabi, Rubén, David, Manu, Paja, Brais, Álex, Marcos, Héctor, Samuel e Pablo …….. Ionis, Ioni e Toni.

CROCHA : Carlos, Andrés, Manolo, Borja, Dani, Manu, Asier, Félix, Ánxo, Carlos e Diego ……. Cristian e Manuel.

Tardou un pouco en espabilar o equipo de Tito que despois de ir perdendo por 0 a 4 case iguala o marcador.

Goles do Furia : Pablo Mato e Ionis Baleirón

Goles do Crocha : Diego,4

Próxima xornada : Sálvora “B” – Furia; martes 6, hora 16.30, Campo da Fieiteira – Riveira.

TRADICIONAL CEA-BAILE DE NADAL

😎 Será o sábado 17 de decembro no Hotel Scala de Iria. Xogadores, técnicos, directivos, socios, simpatizantes e seguidores en xeral están convidados a este evento. O día tope para anotarse e abonar o importe é o domingo 11 na “Casa Vella”.

Recomendable : Non levar pantalóns brancos nin a típica camisa azul con garabata vermella e, por suposto, os zapatos que sexan mais ben altos.

Mais información : 659 89 35 89

Bebamos e comamos con moderación e HALA FURIA !!!!!