SEGUNDA AUTONÓMICA (SÁBADO DE ENTROIDO)

BERTAMIRÁNS “B” – 1 / FURIA – 0

Campo Municipal de Bertamiráns (Ames), regular afluencia de aficionados algún deles chegados dende Marín. Tarde fresca e entrodeira.

Colexiado : Agustín Hernández, de Santiago. Ben, nun partido disputado con exquisita deportividade.

Alineacións :

BERTAMIRÁNS “B” : David, Grego, Pablo (adrián, 79′), Vieites (Suso, 67′), Miguel, Raúl (Carlos, 74′), Daniel, Casal, Diego (Nicolás, 59′) e Álex (Xenxo, 88′).

FURIA : Peixe, Maleko (Miguel, 78′), Patxi, Martín, Manuel, Santi, Adrián Ferro, Tito, Manolo (Toñito, 63′) (Xabi, 64′), Diego e Álvaro.

A crónica :

Demasiado froito para o Bertamiráns nun partido que mereceu ganar o Furia sen paliativos. Unha primeira metade moi igualada onde o Furia se puido adiantar no marcador nun ataque pola banda esquerda levado por Manolo que, unha vez dentro da area, disparou en semifallo chegando o balón a Tito que, a porta baleira, fallou botando o balón fora por centímetros. Segue o dominio alterno e, no minuto 43, o xogador do Bertamiráns Diego tira á meta dende fora da area botando o balón diante de Peixe que so consigue despexalo recibíndoo outro atacante que o pasa o centro da area pequena rematando a gol Casal. Na seguinte, antes de que o árbitro sinalase o tempo de lecer, ataca o Furia pola banda dereita por medio de Adrián Ferro que, unha vez dentro da area, golpea o esférico con moito criterio despexando de xeito incrible o porteiro, que foi o mellor xogador local, cara a súa banda dereita onde se atopaba Manolo que lanzou outro chupinazo e, entre o porteiro e o traveseiro, encargáronse de que non fose gol. Unha pena, podíamos ir iguales ó descanso pero o fútbol é o que ten.

Comenza a segunda metade con bastantes mais aficionados nas gradas que na primeira, posiblemente porque “chegaron tarde”. Esta vez, si. Podemos dicir que, practicamente, na segunda parte o Furia foi dono e señor da pelota e do terreo de xogo. Atacando polas bandas, faltas, saques de esquina (perdemos a conta), xogo aéreo ………. que tan so a mala sorte e o porteiro impediron que o marcador non fose un “2” na quiniela. Álvaro, que estivo moi traballador, dispuxo da mellor ó rematar coa cabeza de espaldas á portería saíndo o balón alto por moi pouco. Varios barullos dentro da area onde ninguén foi capaz a rematar á meta, mentres os do Bertamiráns limitábanse a achicar balóns e a pelexar contra o reloxo ata que o árbitro pitou o final. Non o crían, ganaron o partido con so dous tiros e o Furia, que dispuxo de varias, esta vez non tivo fortuna. Outra vez será e sorte para o Bertamiráns.

A liga sigue recibindo ó Brión no Ramón Diéguez o domingo 26, posiblemente ás cinco e cuarto da tarde.

…………………….. HALA FURIA  !!!!!!!!!!!!!!!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *