SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 3 / TARAGOÑA – 2

 

Campo Ramón Diéguez de Pontecesures. Boa afluencia de público con bastantes

 

seguidores rianxeiros.

 

Colexiado : Serxio Silva, de Santiago. Ben; pitou con moita ansia.

 

ALINEACIÓNS :

 

FURIA : Peixe, Salva, Patxi, Manuel, Juanjo, Moncho, Adrián Ferro, Xabi, Roberto,

 

Manolito e Álvaro …………… Miguel, Álex, Santi e Maleko.

 

TARAGOÑA : Iván, Diego, Rial, Meira, Otero, Aguiar, Toni, Adrián, Alberto, Emilio e

 

Gonzalo …………………..  Dieste, Iglesias e Callón.

 

A CRÓNICA :

 

Tocou sufrir pero mereceu a pena. Un final de partido trepidante foi a causa principal

 

de que o Furia ganase este partido.

 

Pronto se poñería costa arriba o encontro ó marcar enseguida Emilio para o Taragoña

 

logo de aproveitar un rebote do balón no poste esquerdo da portería de Peixe.

 

O Furia foi dende o primeiro minuto a polos tres puntos e non foi ata o final da

 

primeira parte cando anota Juanjo o empate a uns, facendo o que se chama un gol

 

psicolóxico.

 

Descanso; a xente para a cantina e sorteo do lacón que se foi para Taragoña.

 

Na segunda metade o conto é outro. Volvería a adiantarse o Taragoña, outra vez por

 

medio de Emilio, ó aproveitar unha “jaimitada” entre Peixe e Manuel.

 

O Furia sígueo intentando dispoñendo dunha magnifica oportunidade Álvaro

 

arrancando perfectamente dende o seu campo, plantase so diante do porteiro e cando

 

se dispoñía a golpear o esférico apareceu un defensor enviando a bola a córner. Puido

 

ser o empate pero non foi.

 

O Taragoña sigue á defensiva. O tempo pasa e ninguén dá un peso pola remontada. O

 

fútbol ten estas cousas e nun par de destellos de Roberto  cambiou o conto.

 

Minuto 89 : internada pola banda esquerda, Roberto asiste a Patxi, este métea ó

 

segundo pau chegando Adrián Ferro para anotar o empate. Xa dabamos todo por ben

 

feito,pero aínda quedaba o mellor.

 

Última xogada do partido, minuto 92. Controla a pelota Roberto no medio do campo,

 

avanza uns metros e pásalla a Adrián Ferro que estaba escorado na banda dereita que

 

chega como un lostrego anotando un marabilloso gol facendo as ledicias de toda a

 

afición do Furia.

 

Moi bo final de partido, moita alegría e domingo a Carcacía.

 

O Furia agora e noveno a seis puntos do quinto clasificado Carcacía.

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *