ASUNTO “SOLICITUDE MUNICIPAL TEMPORADA 2012 / 2013”

O secretario do Furia recibiu unha chamada telefónica o día de San Roque de

alguén que se identificou como concelleira de Valga, onde lle manifestou que non

nos deixan utilizar  o campo “municipal” de Baño (herba natural) o día 26 para a

disputa do TROFEO RÍAS BAIXAS ó estar “ocupado” para esa data. Supoñemos

que nos chegará o “escrito oficial”proximamente.

En canto á solicitude de xogar toda a liga no devandito campo “municipal” , a

resposta foi tan ambigua como que “xa sabedes o que hai” …… e quedou toda

chea. Seguimos na espera da resposta oficial “por escrito”.

Mentres  tanto, o equipo xuvenil do outro equipo do concello está a adestrar no

campo de “marras” sen ningún tipo de complexo ……

O Trofeo Rías Baixas “O Sol da Arousa” xogarase finalmente no Campo

Municipal Ramón Diéguez de Pontecesures, con entrada libre.

O noso agradecemento ó Concello de Pontecesures e a todas/os veciñas/os.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *