SEGUNDA AUTONÓMICA “PRIMEIRO ENCONTRO 2012/2013”

CD SAR – 2 / FURIA – 1 (0 – 1; Roberto)

Campo de Extramundi. Moita calor. Mais aficionados visitantes que locais.

Colexiado : Marco Ricigliano, do Colexio de Santiago. Moi mal. Tiña que expulsar

ó causante da falta do gol do Furia (era o último home) e non debeu dar por

valido o segundo gol do Sar ó atoparse claramente en fora de xogo.

ALINEACIÓNS :

SAR : Diego, Rbén, Ángel, Fran, Iván, Daniel, Arturo, Lamas, Marcelino e

Candido………. Álvaro, Pesado, Manolo, Brais e Castro.

 

FURIA : Pincho, Quique (Paja, 60′), Patxi, Chorén, Manuel (Maleko, 67′), Salva,

Manolito (Pistolas, 50′), Tito, Lula, Roberto (Miguel, 80′) e Álvaro.

 

A CRÓNICA :

Primeiro encontro da temporada, primeira derrota e primeira desilusión. Entre

o árbitro, os fallos nosos, tanto en defensa como en ataque, conseguimos que os

tres puntos quedasen en Extramundi de xeito pouco merecido a pesar de que, o

Sar, da a impresión que nos ten tomada a medida. Domingo é outra historia.

Recibiremos por primeira vez en segunda ó Ribasar, un equipo moi peleón e con

moitas ganas de facelo ben, que non está a pasar o seu mellor momento anímico

xa que o seu xogador Isma está hospitalizado por mor dun accidente de tráfico.

Ánimo Isma e ánimo Ribasar.

Será no Campo Ramón Diéguez de Pontecesures, ás seis menos cuarto da

tarde.

 

XA ESTÁN DISPOÑIBLES ÓS CARNÉS DE SOCIOS …..   HALA FURIA  !!!!!!!

 

 

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *