SEGUNDA AUTONÓMICA

Sálvora – 2 / Furia – 0

Campo Municipal da Fieiteira (Riveira). Nos prolegómenos do encontro o representante federativo D. Nelson Barreiro fixo entrega ó club local dos trofeos de campións de liga da temporada 2011/2012 nas categorías de benxamíns e de terceira rexional.

Colexiado : Antonio San Miguel, da Delegación de Santiago. Amoestou con catro amarelas a cada equipo.

ALINEACIÓNS

SÁLVORA : Dieste, Coira, Orellán, Canibe, Pardavila, Castro, Fernández,Mato, San Pedro, Fariña e Pérez ……. Abad, Cadabal, Campaña, Ventoso e Rei.

FURIA : Pincho, Malekiño (Chorén, 63′), Quique, Javi, Salva, Manu, Rubén (Paja, 55′), Manolito, Lula, Manolo e Álvaro (Adrián ferro, 63′).

 

 

 A CRÓNICA

Encontro disputado no Campo da Fieiteira en Riveira diante do Sálvora ante aproximadamente 100 espectadores. Antes do comenzo do partido o equipo local recibiu o trofeo como campión do seu grupo de 3ª autonómica correspondente a pasada tempada, facéndolle o Furia o merecido “pasillo”.

 En canto ó meramente deportivo sinalar que foi un partido “malo” por parte dos dous equipos e que acabou gañando o que mellor finalizou as poucas ocasións que se viron no partido.

 Na primeira parte o Furia  dispuxo dunha ocasión no minuto catro ó rematar Ruben de cabeza un centro chegado dende a banda esquerda, saíndo o balón por encima do pau longueiro. O mesmo Rubén a piques estivo de levarse un balón que lle permitiría encarar ó porteiro local, pero este foi máis rápido e valente e despexou con apuros o balón. Un par de faltas sacadas por Manolo sen perigo sería todo o bagaxe ofensivo do noso equipo nestes primeiros corenta e cinco minutos.

Neste tempo o Sálvora aproveitou unha das poucas ocasións das que dispuxo, así no minuto 26 unha perda de balón no medio do campo do Furia é aproveitada polo Sálvora para meter un moi bo pase o extremo que fusila a Pincho sen compaixón.

Chegamos o descanso do partido, que foi o mellor que puido pasar xa que parecía que por momentos o ambiente quentábase entre xogadores, banquillos e afección, afortunadamente na segunda parte todo cambiou e a calma foi a nota predominante ata o final do partido.

  Nesta segunda metade o Sálvora acadaría o segundo gol dun lanzamento directo de falta lateral que colleu a Pincho un pouco adiantado seguramente esperando o remate dos dianteiros locais. Co 2 – 0 e vendo como estaba discorrendo o encontro facíase moi custoso pensar nunha posible remontada do Furia, aínda así a dez minutos do final Ferro encara nun man a man o porteiro e o seu forte remate é despexado de puños por o gardaredes local, en caso de marcar seguramente o Sálvora sufriría ata o final do partido.

 En canto o colexiado en linas xerais estivo ben, aínda que algo permisivo ca dureza empregada polos xogadores do Sálvora na primeira metade, onde máis de un debeu ser amoestado con cartón amárelo, sen embargo pasa o de sempre, quen leva os cartón son os xogadores do Furia por darlle a lingua. O equipo local reclamaría un penalti na segunda metade por derribo do seu dianteiro ante unha entrada do noso defensor Javier Soñora, que o noso entender toca claramente o balón antes que ó dianteiro; de calquera forma non tería influencia no resultado final.

 O próximo domingo rematará a primeira volta sendo o noso rival o Cordeiro, xogándose o partido no Ramón Diéguez de Porto – Pontecesures, xa que, a día de hoxe, o concello de Valga aínda non nos contestou formalmente á nosa solicitude de poder usar conxuntamente o Campo municipal Novo de Baño – Xanza.

O horario de comenzo será ás 16.10 (catro e dez) e non se poderá entrar no campo sen entrada ata que remate o encontro ( aviso para carotas).

 

……………….. HALA FURIA !!!!!!!!!

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

One thought on “SEGUNDA AUTONÓMICA

  1. En esta cronica se vos olvida el claro penalty cometido x el portero, cuando el balon ya habi sido rematado x 1jugador del salvora, tras un corner. Por lo demas todo correcto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *