SEGUNDA AUTONÓMICA 2013 / 2014 “PRIMEIRO ENCONTRO”

FURIA – 1 (Lula, 1 – 1 ) / CACHEIRAS – 3

 Campo Municipal Ramón Diéguez de Pontecesures. Moita calor.

 

Árbitro : Alberto Figueira, do colexio de Boiro. Non sinalou un penalti a favor do Furia co 1 a 2 no marcador. Polo demais, moi correcto.

 

ALINEACIÓNS

 

FURIA : Álex, Adrián (Xurxo, 79′), Nacho, Javi (Tito, 46′), Manolito, Ramón, Óscar, Manolo (Paja, 79′), Manu (Rubén, 46′), Moncho e Lula.

 

CACHEIRAS : Adrián (Rubén, 82′), Diego, Rubén, Garabán, Iván (Gonzalo, 77′), Hugo, Suso (Fariña, 46′), Fernando (Prego, 46′), Xoán, Sergio e Álvaro (Barreiro, 55′).

 

A CRÓNICA

 

Moito premio para o Cacheiras nun encontro que se decidiu na primeira metade.

 

Anotaría Xoán o primeiro tanto para o Cacheiras, minuto 5, ó atoparse cun regalo da defensa do Furia.

 

No saque de centro posterior, un balón en profundidade recibido por Lula serviulle a este para anotar o empate nunha boa xogada individual.

 

Hugo volvería a marcar para o Cacheiras no minuto 28 aproveitando outro fallo defensivo.

 

No minuto 35, Lula foi derribado clarísimamente por un rival non sinalando o colexiado o penalti que podería ter significado o empate a 2.

 

O definitivo 1 a 3 sería outra vez obra de Xoán (43′) que non desaproveitou outro agasallo da zaga do Furia.

 

Na segunda metade o Furia intentou con moitas ganas reducir a diferencia no marcador pero unhas veces a mala puntería, outras o atino do porteiro e outras a defensa que se encheu de achicar balóns foron impedimentos de sobra para que non se movera o resultado.

 

O Cacheiras á contra, aproveitando o empuxe do Furia, dispuxo de dúas boas ocasións pero o porteiro Álex foi quen de desbaratalas.

 

Un resultado que non mereceu o Furia recibir neste primeiro encontro de liga disputado baixo moita calor.

 

O próximo encontro será o domingo 8 en Lesende onde intentaremos recuperar os tres puntos.

 

https://sphotos-a-mxp.xx.fbcdn.net/hphotos-frc3/1174773_10201098375174852_168858315_n.jpg

De pé, de esquerda a dereita : Marcos Jamardo (adestrador), Rubén Canle, Tito. Álex, Adrián, Manu, Moncho, Manolito ( C ), Nacho e Javier.

 

Aniñados, de esquerda a dereita : Perreta, Rubén Domínguez, Paja, Lula, Óscar, Ramón, Manolo e Jorge.

 

    ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *