BENXAMÍNS
Furia – Sar; sábado 11, hora 12.15, Campo de Campaña.
ALEVÍNS
Furia – Cabo da Cruz “B”; xoves 9, hora 18.30, Campo de Campaña.
SEGUNDA AUTONÓMICA
Sp. Lampón – Furia; domingo 12, hora 16.30, Campo da mina – Escarabote.
Santiago de Lampón é unha das oito parroquias do concello de Boiro e esta sitúase ao sur concello, na comarca da Barbanza.
A igrexa parroquial de Santiago de Lampón ten a súa orixe na segunda metade do século XII.
O 15 de xaneiro celébrase a festividade de san Mauro. Na igrexa había unha imaxe deste santo, levada desde unha ermida xa desaparecida do lugar de San Mauro dada a devoción que tiña entre a veciñanza. En 1989, tras a celebración desta festa, a igrexa sufriu un incendio debido a que a capela lateral estaba chea de candeas acesas ofrecidas polas persoas devotas. Queimáronse as imaxes, pero salvouse o retablo e o edificio.
A cabalga de reis tamén é moi celebrada nesta parroquia.
Pero do que mais “ghosan” é do enterro do Felipiño que pecha as festas do entroido.