COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2016 “PARTIDO ÚNICO”

BERRES – 1 / FURIA – 1 (Adrián Ferro, 1 – 1)

PENALTIS : BERRES – 5 / FURIA – 4 (PASA O BERRES)

Partido disputado de noite no campo do Pardiñeiro (Berres – A Estrada) ante un público cheo de frío : 6º.

Terreo de xogo de herba natural en bo estado aínda que algo húmido. Abriuse tarde a cantina.

Encontro de moito combate onde calquera dos dous contendentes puido levarse a eliminatoria. O Berres foi mais equipo na primeira metade , aínda que Yupi puido anotar nun man a man  o 1 a 2 e Efrén puido tamén marcar o 1 a 2 nun lanzamento de falta que bateu no largueiro .

Na segunda metade o Furia foi mais dominante e, para abreviar, hai que destacar que nunha das últimas xogadas Efrén fallou, Mario fallou, Ferro fallou dúas veces consecutivas é no derradeiro minuto  pena máxima a prol do Berres. Manu Carro detén o lanzamento. Pita o colexiado o remate : Berres – 1 / Furia – 1. A penaltis.

Lanza o Furia o primeiro  e falla. Final : Berres – 5 / Furia – 4. O Furia eliminado. Sorte para o Berres nesta competición.

Equipo do Furia desprazado a Berres que caeu eliminado nun meritorio encontro na primeira volta da Copa Deputación de Pontevedra.

O domingo volve a liga. O domingo volve o Furia 1996 / 2016 😉

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *