SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – RECESENDE

DOMINGO 27, HORA 16.10, CAMPO MUNICIPAL R.D. (PORTO – PONTE CESURES)

VOLVEREMOS A ENCHER O CAMPO? CLARO QUE SI !!!!! 😎

Visítanos o equipo de Recesende, un curioso nome xa que está composto por catro vocais “e”; séguelle á zaga Lesende con tres. Campaña está composto por tres “a” e Xanza con dúas. Recesende provén de “Ricisinde”, que significa “camiño de home rico ou señor da aristocracia”.

Mais, ulo Recesende?

Na nosa base de datos figuran tres núcleos de poboación con ese mesmo nome:

San Xoán de Recesende (Teo – A Coruña), San Cirilo de Recesende (Barralla – Lugo), San Cibrao de Recesende (Castro Verde – Lugo) e un barrio da parroquia urbana de San Antón (Monforte de Lemos – Lugo).

Evidentemente, a que nos afecta a nós é a mais próxima: San Xoán de Recesende, compoñente do Arciprestado de Xiro da Rocha. Na actualidade conta aproximadamente con 446 habitantes distribuídos en seis aldeas: O Casal, Casaldomiro, A Pedra, Seoane, Tarrío e Vilanova.

Resultado de imaxes para San Xoán de Recesende Igrexa de San Xoán       http://www.elcorreogallego.es/img/noticias/20101122/cp20f04152152_452048.jpg Herminio Allo foi cura de San xoán de Recesende durante mais de 17 anos.

O DOMINGO VOLVE O FÚTBOL …. A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!! 😉

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *