TARAGOÑA – 2 / FURIA – 0
Campo da Lomba (Taragoña – Rianxo). Tarde solleira pero fresquiña. Moi boa entrada.
O fútbol, como a vida en xeral, ten estas cousas. Un gol en propia meta no primeiro minuto e outro no último despois dun fallo garrafal da defensa cando o Furia buscaba a portería contraría con toda a artillería.
O Taragoña cun fútbol moi anglosaxón, xogando sempre ó limite, atopouse con esta vitoria que nin os mais ilusos da aldea o podían imaxinar visto o visto.
Como din os nosos compañeiros do facebook: Chegaron os Reis Magos a Taragoña. Tarde, pero chegaron.
Para a semana empeza a segunda volta. Hai moito que remar, pero remaremos. Todos. 😉