SEGUNDA AUTONÓMICA “DOMINGO DE PASCUIÑA”

         Resultado de imaxes para SD LUAÑA                                Resultado de imaxes para cabo da cruz valiño

DOMINGO 23, HORA 17:25, CAMPO R. D. DE PORTO (PONTE CESURES)

Na relixión católica, a Pascuiña é o domingo seguinte ó da Pascua de Resurrección.

A Pascua é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo.

 

A Pascua é unha festa que non ten data fixa en relación co calendario civil. O Primeiro Concilio de Nicea (325) estableceu o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera, eclesiasticamente establecido o 21 de marzo, na práctica a data varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril para a Igrexa Católica Latina e as protestantes que basean os seus cálculos no calendario xuliano, as igrexas orientais, que se basean no calendario gregoriano celébrana entre o 4 de abril e o 8 de maio.

Resultado de imaxes para padriños roscas e afillados  A rosca.               http://scontent.cdninstagram.com/t51.2885-15/s480x480/e15/11379060_626751794128377_1687971249_n.jpg?ig_cache_key=OTkxMjM3NzI3NDgyNDYxNDc1.2  Padriños, pais e afillada.

A Pascua cristiá está relacionada coa Pascua xudía, a Pessach, non só no simbolismo senón tamén pola súa disposición no calendario

Nas celebracións modernas da Pascua introducénse novos elementos, como en Galicia o ovo de Pascua ou a rosca de Pascua que os padriños regalan ós afillados, que celebran tanto cristiáns como non cristiáns. Tamén hai unhas poucas confesións cristiás, como os cuáqueros, que non celebran a Pascua.

Outro sitio importante onde se celebran estas festas aparte de Padrón é en Benavente.

AVirgen de la Vega” é a patroa de Benavente (Zamora). A festividade dura tres días, o día que se celebra é o Luns de Pascuiña, oito días despois do Domingo de Resurrección.

  Vista da Igrexa de Santa Maria do Azogue (Benavente – Zamora).

Despois de tantos días de festa volve o fútbol. Este domingo volveremos a encher o campo e iremos a polos tres puntos.

HALA FURIA !!!          Bautismo

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *