SEGUNDA AUTONÓMICA

Resultado de imaxes para CARCACIA CF                              http://rs157.pbsrc.com/albums/t72/escudosforever/La%20Coruna%20-%20A%20Coruna/CCD_Taragona.png~c200

Domingo 7 de maio, 17: 00 horas, Campo Municipal R. D. de Porto (Ponte Cesures).

Non todo é fútbol na parroquia rianxeira do Divino Salvador de Taragoña: a música e outra das súas debilidades.

A parroquia de Taragoña é coñecida co alcume de “Terra de músicos” polo grande número de persoas que se dedicaron e dedican na actualidade a este xénero artístico. Mención especial dentro do eido das bandas de música a Banda de Taragoña, procedente da primitiva Banda de Bealo, que contou entre os seus directores cunha destacada familia de músicos, os irmáns “Pinchudos”: Valentín, Francisco, Manuel e Ramón Lorenzo Otero. Non se pode falar dos “Pinchudos”, sen nomear a Xosé Lorenzo González alcumado como “O Pinchudo”, fundador da Banda de Música de Bealo, precursora da Banda de Taragoña.A “Banda Infantil do Centro Cultural de Taragoña” iniciou a súa actuación no ano 1977 e desenvolveu unha actividade ininterrompida, cunha frecuente renovación das súas filas a medida que medraron os rapaces. Os antecedentes das orquestras de Taragoña atópanse nas “orquestinas”, pequenos grupos de músicos que actuaban nos bailes de sábados e domingos. Existiron na parroquia taragoñesa moi boas e afamadas orquestras; algunhas das mesmas formadas cun gran número de compoñentes e empregan importantes medios técnicos sonoros e luminosos. En Taragoña, estaban as orquestras Gran Parada procedente da orquestra Gran Peña, Xente Nova, Nova Moda, Galáctica, África… Dentro do xénero musical tradicional, hai que destacar a presenza da Banda de Gaitas Buxaina e os grupos de música tradicional Os Cangrexeiros, Os Xerardos e Café ó Tisón.Tamén dentro doutros xéneros musicais, como o caso do rock, atopámonos con grupos como Sudden Blaze (música en inglés) onde parte dos seus membros son da parroquia ou localidades veciñas e estando localizado o seu local de ensaio na aldea de Paradela.

http://www.elcorreogallego.es/img/noticias/20160920/30_762325_manual.jpg

A Banda Infantil de Taragoña, o día da súa estrea no Centro Cultural, en 1977.

Domingo, con banda ou sen banda, iremos a polos tres puntos. HALA FURIA !!! 😎 

 

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *