Mércores 17 de maio, ás 18:30, no Campo de Fútbol da Gandarela (As Dunas – Olveira – Riveira).
Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Riveira. No 2008 tiña 1.228 habitantes (624 mulleres e 604 homes), distribuídos en 19 aldeas das que nove están habitadas. Isto supón un aumento en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.
Trala caída do Antigo Réxime foi concello de seu entre 1812 e 1835, cando foi incorporada a Riveira.
Capela de Sirves. Capela de Campelos. Anta de Axeitos.
As festas patronais son o 13, 14 e 15 de agosto. O 30 de abril celébrase a festa das Dores no lugar de Sirves. O 4 de xuño é a festa da Angustia en Bretal. O 8 de setembro é a festa do Rosario en Olveira.
As aldeas que compoñen a parroquia de Santa María de Olveira son: Agrelo, Os Agueiros, O Barreiro, Bretal, Campelos, Casanande, Cerradas, A Cocheiriza, Cristal, A Espiñeira, Iñeiras, O Monte da Laxa, Olveira, Olveira da Igrexa, Olveira de Arriba, Reirís, Sirves, O Souto e O Viso.