FURIA – ROIS
DOMINGO 25, HORA 16.55, CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ (PORTO – PONTE CESURES).
ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.
Rois é un fermoso concello cheo de contrastes. 12 parroquias que se dividen en 90 quilometros², forman este territorio que está a perder poboación a pasos axigantados. No ano 2000 tiña 5216 habitantes (2.485 homes e 2.731 mulleres); no ano 2017 vivían no concello 4627 persoas (2.206 homes e 2.421 mulleres).
A capital está no lugar de Samil (parroquia de Santa María de Oín). A altitude máxima é de 657 m, no monte Treito, e a mínima de 6 m no río Sar, na parroquia de San Lourenzo de Seira.
Rois na literatura popular:
Véxote no Milladoiro, no Faramello, en Padrón, e astra pola Ponte Valga, véxote no corazón.
Igrexa parroquial de San Martiño de Ermedelo, terra natal dunha bisavoa dun dos fundadores do Furia.
Casa do Concello de Rois, de discutible gusto arquitectónico.
a polos tres puntos e Hala Furia!!