FURIA – X. AGUIÑO
DOMINGO 10, ÁS 16.45, NO CAMPO RAMÓN DIÉGUEZ DE PORTO (PONTE CESURES)
ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.
Un pouco de Aguiño.
Nosa Señora do Carme de Aguiño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira, na punta do Barbanza xusto enfronte á marabillosa illa de Sálvora. No ano 2013 tiña 2.934 habitantes.
Ata 1959 pertencía a parroquia de Carreira. Nese mesmo ano comezou a construírse a igrexa parroquial, deseñada por Antonio Tenreiro Bonachón e sendo o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego. Foi consagrada o 14 de xullo de 1967 polo cardeal Quiroga Palacios, dando ese día a súa primeira misa en galego. O templo presenta unha disposición moi funcional, sendo máis ancha que longa. Nel caben 500 persoas.
En Aguiño sonche moi festeiros. Non hai mais que ver as Festas do Carme ou a do Percebe.
Falando dos percebes de Aguiño, quen no se lembra do Prestige?
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.