TERCEIRA GALEGA
PALMEIRA – 2 / FURIA – 1 (Michel, 1 – 1)
ALA FURIA!!
TERCEIRA GALEGA
PALMEIRA – FURIA: DOMINGO 13, ÁS CATRO DA TARDE, NO NOVO CAMPO DE VENTÍN (PALMEIRA – RIVEIRA).
San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Riveira. No ano 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos por 18 aldeas, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.
Igrexa parroquial de San Pedro de Palmeira
Na aldea de Figueirido está a Pedra das Cabras, un espectacular petróglifo datado na idade de bronce.
A Pedra das Cabras (2200 – 1800 antes de Cristo).
Palmeira, aparte de ser un coqueto pobo mariñeiro, ten o seu “aquel” ca Sociedad Hijos de Palmeira, fundada o 1 de abril do ano 1929 en Newark, capital do estado de New Jersey (USA), a unha hora en coche ó oeste de New York, cruzando o río Hudson.
Esta “Sociedá” foi a primeira en sufragar economicamente e beneficiar, entre outras iniciativas coma é o equipo de fútbol, cunha escola pública a tódolos veciños e veciñas de Palmeira.
Vaia dende aquí unha pequena homenaxe ós fundadores da SHP (1929):
Andrés Paisal Ramos -presidente-, Vicente Franco Paisal -vicepresidente-, Jesús González -secretario-, Andrés Santiago Gómez -vicesecretario-, Antonio Rodríguez Martínez -tesoureiro-, e os vogais Pedro Gómez Pazos, Andrés Santiago Rodríguez, Andrés Gago Fernández e Francisco Blanco.
Mosaico conservado na Sociedad Hijos de Palmeira. Neste emblema figuran os símbolos masónicos, presencia que non será, supoñemos, froito da casualidade, pero esa é outra historia. De loxias, mandís, escuadras e compases falaremos, ó mellor, noutra ocasión.
Domingo a polos tres puntos…..ALA FURIA!!
TERCEIRA GALEGA
FURIA – 2 (Adrián Santos, 1 – 1 e 2 – 1)
DODRO – 1
ALA FURIA!!
NOVA EMPRESA COLABORADORA -Peluquería Lorena (O Sixto – Ribasar – Rois)-
Gracias Lorena e moita sorte!! ✂️
Pronto veredes este anuncio na frenteira desta páxina.
VIVA A “PELUQUERÍA LORENA!! 🙋♀️🙋♂️
TERCEIRA AUTONÓMICA
FURIA – DODRO
DOMINGO 23, HORA 16.30, CAMPO R. DIÉGUEZ (PONTE CESURES).
ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS.
Un pouco de Dodro.
O equipo de fútbol do CD Dodro que xoga no campo de Chenlo, naceu no ano 2000 como continuación do CD Bacelos, que á súa vez foi tamén a continuación do Laíño CF, histórico club de fútbol dodrense, que chegou a xogar na primeira autonómica e a gañar 3 Copas do Sar.
Dodro, tamén chamado polos moradores deste lado do río “A BANDA DO MAR”, é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. No ano 2015 tiña 2882 habitantes. Tendo en conta que no ano 1986 habitaban en Dodro 3661 persoas e, tendo en conta que esta tendencia vai sempre á baixa dende dende fai mais de 30 anos, non sería de estrañar que en pouco tempo este territorio sexa absorbido por algún que outro concello limítrofe.
Tres parroquias compoñen este fermoso territorio: Santa María de Dodro (que inclúe a aldea secesionista de Lestrobe), San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño.
Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño.
Dodro na cultura popular:
Poesía
-
Aparece Dodro plasmado na obra de Rosalía de Castro, nas estrofas de “Como chove miudiño”, poema 32 de Cantares Gallegos (1863):
-
Como chove miudiño, / como miudiño chove, / pola banda de Laíño, / pola banda de Lestrobe.
-
Refraneiro
-
De Lestrobe, nin bo porco nin bo home.
-
Polas brañas de Laíño vintecinco xastres van, con agullas e tesoiras para capar unha ran.
-
Cantigueiro
-
Aquelas nenas de Dodro / ben se poden alabar, / teñen ó señor San Campio / vestido de militar.
-
Elas de Laíño son, / collen o xunco na braña / e vano vender a Padrón.
-
De Laíño deben ser / onde elas lavan a cara / calquera pode beber.
-
Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán do Araño.
-
Bravú
No tema “Nitramón 15 15 15”, canción bravú interpretada polo Pinto d’Herbón.
-
No concello de Dodro hai un problema… / un problema que hai qué ver! / as vacas de Laíño non van a “Chanteclair”.
Rosalía, Anxo e o Pinto na cultura popular da “Banda do Mar”.
domingo a polos tres puntos e ALA FURIA!!
TERCEIRA GALEGA
ARTES – 3 / FURIA – 1 (Pipe, 1 – 1)
Lavadoiro de Artes (28 metros de lonxitude).
ALA FURIA!!
TERCEIRA GALEGA
DOMINGO 16 <> HORA 17.00 <>CAMPO DA TRINIDADE DE OLEIROS (RIVEIRA)
ARTES (1º CLASIFICADO CON 24 PUNTOS)
FURIA (2º CLASIFICADO CON 21 PUNTOS)
O CD Artes é un dos cinco equipos do Concello de Riveira que participan nesta “Liga do Sar” xunto co X. Aguiño, At. Oleiros, S.H. Palmeira e Carreira C.F.
San Xián de Artes é unha parroquia situada no suroeste da península do Barbanza, administrativamente depende do concello de Ribeira. No ano 2015 tiña 812 habitantes (422 mulleres e 390 homes).
Igrexa de San Xián de Artes.
Mapa do Concello de Riveira.
Eclesiasticamente falando, San Xián de Artes pertence ó arciprestado de Postmarcos de Abaixo (A Poboa do Caramiñal). Mais, isto é outra historia.
a polos tres puntos…ALA FURIA!!
LII EDICIÓN DA COPA DO SAR 🏆
FURIA – 0 / O PINO – 2
Parabéns para O Pino e moita sorte para a seguinte eliminatoria.
ALA FURIA!!
LII EDICIÓN DA COPA DO SAR
FURIA – O PINO
XOVES 6 DE DECEMBRO, ÁS 16.15, NO CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTECESURES.
ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS.
FURIA (TERCEIRA GALEGA GV): SEGUNDO CLASIFICADO CON 21PUNTOS.
O PINO (SEGUNDA GALEGA GV): SEGUNDO CLASIFICADO CON 27 PUNTOS.