TERCEIRA GALEGA

DOMINGO 2, ÁS CATRO E CUARTO, NO CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTECESURES.

FURIA – ARAÑO

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.

Mais, que pasa co Araño?

Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. No ano 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 aldeas, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.

O Agro da Moa, O Batán, Buía, O Campelo, Cantalarrana, A Capela, O Carballal, A Casilla, Cerqueiras, Contrés, A Ermida, A Ferrería, Foxacos, Os Lemos, As Miráns, O Outeiro, A Pontenova, Pousada, O Rabado, O Toural, Traba, A Varela, O Vilar, Os Xens e Os Xufreus son as aldeas que compoñen esta emblemática e histórica parroquia rianxeira.

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcRfRFJXYXejkbnzb5ktH2qQd9L74nl-gKPVFjGUqHNLDbankQOX2g Xunto á casa reitoral da parroquia atópase o meirande hórreo de toda Galicia, en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro, con 2,40 m de anchura e 2,70 m de altura media) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). Foi construído a mediados do século XVII. A estrutura está levantada sobre un balo de pedras graníticas de cachotería.

Emilio Cao compuxo unha preciosa canción adicada á Fonte do Araño.

Fonte do Araño
onde eu de rapaz
a teu carón xogaba no verán.

Onde vai o teu rego, onde vai,
que eu teño sede e non o podo atopar.

Auga da freixa
camiño do meu fogar
baixando pola veiga e polo val.

Fonte do Araño
o tempo pintou no chan
camiños que dan voltas sen parar.

a polos tres puntos e ALA FURIA!!

TERCEIRA GALEGA

Moito frío no Campo Municipal de Ponte Cesures.

Un tempo para cada equipo.

Primeira parte: Furia – 1 / Oleiros – 0

Segunda parte: Furia – 0 / Oleiros – 2

Tempo final: Furia – 1 (Yupi, 1 – 0) / Oleiros – 2

La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo

ALA FURIA!!  Emoticon casa comida bano

TERCEIRA GALEGA

FURIA – OLEIROS

DOMINGO 25, HORA 16.15, NO CAMPO R. DIÉGUEZ DE PONTECESURES.

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.

PARA SIBARITAS↓

O Palau da Música rende homenaxe a Caballé con unha exposición no vestíbulo.

A exposición dedicada a Montserrat Caballé poderase ver no vestíbulo do Pequeno Palau, organizada polo Centro de Documentación do Orfeó, do 19 de novembro ata finais de xaneiro de 2019.

A relación de Montserrat Caballé co Orfeó Català comenzou en setembro de 1962 cando a soprano acompañou ó coro de xira por Italia e Francia, onde estrearon “O pesebre”, de Pau Casals.

A soprano debutou no Palau o 21 de outubro de aquel ano, na programación dos concertos da Orquestra Municipal de Barcelona, nun recital de homenaxe a Eduard Toldrà, e nove días despois volveu a actuar no mesmo escenario xa co seu nome como cabeza de cartel nun concerto programado pola Asociación de Cultura Musical.

Aquí vos queda esta obra de arte↓

a polos tres puntos….. ALA FURIA!! 😉 

 

 

TERCEIRA GALEGA “FEIRA DO MONTE” (COSPEITO – LUGO)

G. BEALO – FURIA

DOMINGO 18 / HORA: 16.00

CAMPO DE FÚTBOL DA LOMBA (SAN PEDRO DE BEALO – BOIRO)

O domingo 18 cadra ca “Feira do Monte” en Cospeito – Lugo, un lugar que ben merece unha visita. Dáse a casualidade que a Aldea do Monte onde se celebra a feira pertence á parroquia de San Pedro de Xeisas, tocaio do San Pedro de Bealo.

Deixámosvos este vídeo-recordo dos anos 88/90 do programa da Tvg Arestora, para que vexades como cambian os tempos.

Cospeito está situado na comarca da Terra Chá. Destaca a lagoa, con presenza de patos, garzas e outras especies, de interese para os afeccionados á ornitoloxía e amantes da natureza.

  Lagos de Cospeito.

https://lh6.googleusercontent.com/fRLMMvD4MCUSuu3EWR9UgrnElKYLDnYw4YFMzHlRbrK1OqSrlKcWQBpV4bJdnpQlRIutJLYl9B021UIMk_xrVZVp0_dsr043EMTfiBj8sF0X7kUKyorkVMZsbCVx-E28  Igrexa de San Pedro de Seixas.

Resultado de imaxes para san pedro de bealo iglesia  Igrexa de San Pedro de Bealo

Viva San Pedro de Xeisas!! Viva San Pedro de Bealo!!

a polos tres puntos….ALA FURIA!! Emoticon artefactos varios