AFECCIONADOS: DESCANSO

Tamén descansarán a próxima xornada.

FÚTBOL SALA FEMININO: SADA-FURIA (1-1)

Gran resultado o colleitado polas mozas do Furia nas terras de Ferrolterra. Un partido moi completo, que mereceron gañar con solvencia, por xogo e oportunidades, e que non o fixeron en parte debido á moi «caseira» actuación arbitral que perxudicou durante todo o encontro ó noso equipo. Gran encontro de tódalas xogadoras, pero en especial de Cristina e de Mari. O próximo encontro será contra un dos rivais máis difíciles da categoría: O Xerfa da Coruña. Será o vindeiro sábado no Pavillón de Beiro, ás 7 da tarde.

XUVENÍS: FURIA-SAN MAMEDE (6-2)

Imparables. O equipo que adestran Polo e Cacharrito está que se sae. Levan unha racha impresionante de cinco victorias consecutivas e polo que parece poden seguir nesa liña triunfal nos próximos encontros. Un espectacular partido de Adrián Ferro (que anotou 4 goles, como 4 soles), e outros dous de Pablo Busto e Pó, puxeron no marcador un resultado que polo visto no encontro incluso se antolla corto. Lástima que a forma na que está agora o equipo, non comezase antes, porque polo que se vé podían aspirar a todo. Sen embargo, aínda queda moito e o tempo dirá o que pasa. Destacable foi tamén foi o debut exitoso de Cristian Castiñeiras na portería do Furia.  O próximo sábado, ás 6 da tarde xogan en Dodro.

CADETES: REMATE DA TEMPORADA.

Como xa dixemos a xornada anterior, hoxe adiantamos algunhas das valoracións feitas polo corpo técnico dos cadetes dirixidos por Suso Bousón, e que á espera da Copa, xa fixeron un primeiro balance e resumo do que foi a temporada.

XOGADOR REVELACIÓN: FRAN DE MONCHA

XOGADOR CON MÁIS CORAXE: TITOVICHENKO

XOGADOR CON MÁIS ÁNIMO E PELO: GABRIEL

XOGADOR CON MÁIS PROXECCIÓN: ADRIÁN «GASITO» (que según os técnicos cada vez parécese máis a Fernando Torres)

MELLOR XOGADOR E MÁIS REGULAR: CRISTIAN CASTIÑEIRAS.

PORTEIRO MENOS GOLEADO: CRISTIAN CASTIÑEIRAS.

GOLEADORES:

. Iván Potel…1 gol

. David de Moncha…1 gol

.Pó…2 goles

. Titovichenko…3 goles

. PICHICHI DOS CADETES CON 5 GOLES……¡GA…!, ¡GA…! ¡¡¡¡GASIIIITOOOO!!!!!!!.

Ademáis, e según as declaracións a medios internacionais como L´Equipe, Suso Bouzón afirmou que todos fixeron unha temporada moi importante e que ademais dos xa mencionados tamén Mickelino, Quique Rosío, Alex Rial e Victor Maio tiveron gran parte neste relativo éxito, e que aínda  teñen moito que dicir.

Por certo, que o corpo técnico, está pensando moi concienzudamente implantar a norma de que os xogadores «melenudos» teñan que cortar ese peliño maravilloso que algúns locen.

Gustaríanos que os internautas e os da peña do «foro» escribisen algo sobre este equipo e si temos que facer algún premio ou estatística que resulte interesante. Poñemos unha foto do equipo desta temporada, pero procuraremos máis adiante poñer unha renovada e con todos os xogadores da plantilla.

De pé (de esquerda a dereita): «Chino» Pérez -utillero-, Carou -presidente-, Po, David, Mickelino, Iván Potel, Titovichenko, Gabriel, e Suso Bouzón -adestrador-.

Aniñados: Lucas «montaña»-infantil-, Serxio, Alex -infantil-, Fran, Alex Rial, Gasito, Noé -infantil-, e Adrián Casal- infantil.

Faltaban ese día: Cristian Castiñeiras e Víctor Maio.

Ficha de infantil do gran Pichichi Gasito con 5 dianas

INFANTÍS: FURIA-ESCLAVITUDE (16-0)

Nada que dicir. O resultado é moi claro. O mellor partido que se lles leva visto durante varias temporadas. Tamén influeu moito os consellos da banda do segundo de Xavi Cotón (que non asisteu de inicio por estar indisposto); o incombustible Santi «o cabo», que coas súas tácticas militares de «guerrilla» influeu moito neste resultado abultado. Moito mérito para os rapaces do Esclavitude que aguantaron o «chaparrón» moi dignamente. Os goleadores foron: Jonathan «Mambis» (novamente), Adrián Casal, Noé, Lucas «montaña», Alex  e Xosé Manuel Rico, (que marcou un gol de antoloxía e foi a apoteose do campo), 2 goles cada un dos irmáns  Castiñeiras, 3 goles Lucas Brasi e tamén o incombustible «Raúl» do Furia: Yupi. O próximo sábado, teñen un encontro moi difícil ante o Bertamiráns, ás 12 da mañán.

ALEVÍNS: FURIA-FLAVIA (4-5)

Parecen as meigas. En tódolos partidos dan a cara, e loitan o partido ate o final, pero a sorte non acompaña. Un gol de Melanie e un «hat trick» de Luis David (que volveu logo dunha longa lesión), fixeron que o encontro estivese emocionantísimo ata o último segundo. Descansan a próxima xornada.

De pé (de esquerda a dereita): Diego Fernando -adestrador-, Danielinho, Salvador, Manu Meniño, Manu Busto, Ismael Azidane e Melanie.

Aniñados: Xosé Luis, Noelia, Xoan Manuel, Pedrinho, Luis David e Samuel Castiñeiras

BENXAMÍNS: REMATE DA TEMPORADA.

Gran campaña realizada polo equipo de Diego Fernández. En próximas xornadas tamén realizaremos un examen exhaustivo do feito pol@s pequech@s.