XORNADAS DO 21 E 22 DE NOVEMBRO

AFECCIONADOS: FURIA-SAN ANTONIO DE HERBÓN (0-0)

Alineacións:

Furia: Peixe (1), Paja (2), Klá (1), Rañó (2), Manolito (3), Xabi (2), Pincho (2), Tito (1), Flores (1), Álvaro (1), Rubén (1)—–Toño (1), Perreta (1), Xurxo(1) e Lilu(1).

Herbón: Xosé Manuel, Rubén, Luliña, Uxío, Óscar, Serxio, Pablo, Héctor, Damián, Rubén Gómez, Xose Antonio—Raposo, Diego e Camilo.

Árbitro: Segundo Tubío. Bo arbitraxe, coma sempre.

Incidencias: Día desapacible, pero con boa presencia de público nas gradas de Campaña. Un público que se entretivo pola emoción e polo incerto do resultado.

“Sorpresas te da la vida, la vida te da sorpresas…dicía unha coñecida canción da Orquesta Platerías. Pois si, así foi onte en Campaña. O San Antonio deu, posiblemente a sorpresa da xornada ó conseguir o seu primeiro punto contra o noso equipo. O Furia foi incapaz en noventa minutos de perforar o marco dos de Herbón a pesar de que posiblemente fose o partido no que dispuxo de máis e máis claras ocasións de gol de fai moitas temporadas. Pero hai que metelas. E onte o Furia amosou outra vez un dos seus puntos máis débiles: a falta de gol. Unhas veces por mala sorte, outras por falta de puntería e outras por actuacións increibles da defensa e do porteiro do equipo contrario; o certo é que non marcaron. O equipo non xogou mal; intentouno ata o minuto 90, pero a “pelotiña” non quixo entrar. Quizáis si lle hai que recriminar algo ó equipo foi a actitude coa que saíron o campo e a mala mentalización. Non se pode saír a un campo pensando que se vai a gañar coa “gorra”. Non so se pode un mentalizar para xogar serios e concentrados cando se xoga contra equipos de arriba; senón que tamén o hai que facer contra equipos, en teoría, máis débiles. Para aspirar a algo no campionato hai que gañar si ou si estes encontros. As cousas complícanse, pero queda moita liga, e este tropezón pódese superar, si corrixen estes pequenos erros. Por certo, a aficción do Furia aínda non veu gañar ó equipo como local. Hai que seguir esperando.  O mellor do encontro foi sen dúbida Manolito que fixo un partidazo, e tamén Rañó que solventou el solo o pouco perigo que provocou o Herbón. O vindeiro domingo ás 4 da tarde o equipo viaxa a Bugallido coa intención de correxir este tropezo.

XUVENÍS: FURIA-ESCLAVITUDE (1-3)

Alineacións:

Furia: Carlitos (2 ), Quique(0 ), David (0 ), Pipe (1 ), Borja (0 ), Xoan Carlos ( 1), Pepe (1 ), Po (0 ), Ferro (0 ), Malekinho (1 ), Adriansinho (0 )—-Serxio ( 1), Paco (0), Diego Fernando (0), Carlos Potel (0) e Brais (-)

Esclavitude: Serxio, Rubén, Santi, Pablo, Pepe, Alberto, Abel, Martín, Xosé Manuel, Manolo, Ismael—-Andrés, Félix, Álex, Gonzalo e Adrián.

Colexiado:Xosé Antonio Vázquez Dieste. Desapercibido. Eso fala ben del.

Incidencias: Partido disputado en Campaña. Pouco público e frío, en consonancia coa climatoloxía.

Mal encontro dos xuvenís. En todo momento superados por un bo equipo do Esclavitude, que amosou que é un dos equipos fortes da categoría. E gracias porque Carlitos fixo moitas paradas de mérito. Maquillou o resultado Serxio Llerena, xa nas postrimerías do encontro. O vindeiro sábado ás 4 e media  da tarde, xogan contra o Sporting Estrada, os líderes; polo que semella un encontro cheo de dificultades.

CADETES: CORDEIRO-FURIA (0-0)

Equipo Cadete presente o domingo contra o Cordeiro.

De pé (de esquerda a dereita): Antón, Miguel, Lucas, Jonny, Alex Barreiro, Dani, Xosé, Adrián Casal, Adrián Santos, Christian e Brais.

Aniñados (de esquerda a dereita): Harry, Suso Bousón-adestrador-, Peke-adestrador-, Manu, Fran, Luis David, Melanie e Alex Rial.

Ausentes: Xosé Manuel, Danielinho, Samuel, Álvaro, Kevin e Víctor.

Alineacións:

Cordeiro:

Furia: Christian (2), Alex Rial (2), Miguel (3), Alex Barreiro (1), Adrián Casal (3), Adrián Santos (1), Jonny (2), Dani (2), Fran (1), Lucas (0), Xose (1)——Melanie (1), Antón (-).

Colexiado: Vicente Fiel. Bo arbitraxe. Sen influencia no resultado nin no xogo. Quizáis un pouco riguroso cos cartóns.

Incidencias: Bastante público, pese á hora e ó mal tempo; pero claro tratábase dun derbi.

Que máis dicir. O resultado e o xogo foron os típicos dun derbi. Moitos nervos nos dous equipos, que posiblemente non deran a talla do que realmente son. Partido moi traballado polos dous equipos, con poucas ocasións para ámbolos conxuntos, e polo que se veu no terreo de xogo, pódese considerar un resultado xusto. Despois de que o Furia se quedase con 10 homes pola expulsión dun compoñente do equipo, o Cordeiro apretou máis, pero a defensa do noso equipo liderados por Adrián Casal e Miguel, contivo as acometidas do equipo local. A próxima xornada, enfróntanse a un dos galiños da categoría, o Bertamiráns, en Campaña; pero aínda sen data e hora confirmadas. Sorte.

BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS D (5-5)

Plantel do equipo Benxamín que debutou o sábado contra o Bertamiráns.

De pé (de esquerda a dereita): Xabi Martínez, Xenaro-adestrador-, Franco, Nerea, Jonatan, e Brais.

Aniñados (de esquerda a dereita): Antonio, Anxo, Xabi Domínguez e Leandro.

Ausentes: Xosé Piñeiro.

Alineacións:

Furia: Jonathan (2), Nerea (2), Xabi (1), Franco (2), Anxo (3), Leandro (3), Antonio (1)—-Brais (1), Xosé (1) e Xabi Domínguez (1)

Bertamiráns D: Fabián, Iván, Mateo, Fabricio, Carlos, Pedro, César, David, Adrián, Jonatan, Xoan Manuel e Alfonso.

Colexiado: Rubén Maquieira Otero. Moi ben. Ensinándolle ós rapac@s como se deben facer as cousas. Amosou que pode chegar lonxe nun mundo tan difícil como é o do arbitraxe.

Incidencias: Bastante público para ver o debut do equipo.

Xeniais os pequechos. Amosaron que a pesar de ser moi noviños, teñen casta e calidade para chegar a ser algún día futbolistas de gran nivel. Ían perdendo 4 a 0, no minuto cinco da segunda metade, pero conseguiron unha remontada épica, primeiro con dous bonitos goles de Leandro, e logo outros dous de Anxo. O Bertamiráns volveuse adiantar no marcador, pero novamente Anxo puxo as táboas no resultado. Incluso o Furia tivo oportunidades para gañar o encontro. Moi ben todos os rapaces e rapazas, cun enorme partido de Anxo, Leandro, Nerea, Franco e o porteiro Jonathan. O sábado teñen outra oportunidade para amosar as súas cualidades ante o Rois, con horario sen confirmar. Moita sorte.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *