XORNADAS DO 24 E 25 DE OUTUBRO.

AFECCIONADOS: FURIA-SAR (1-1)

Alineacións:

Furia: Peixe (3), Paja (1), Patxi (2), Rañó (1), Nevero (1), Xabi (2), Pincho (1), Manolito (1), Jorge (1), Perreta (0), Álvaro (1)—– Klá (1), Ferro (1), Flores (-).

Sar: Mene, Roberto, Fran, Esteban, Fernando, Rubén, Xoan, Dani, Cándido, Rubén e Raúl—David, Pesado e Senra.

Campo: Municipal de Campaña.

Colexiado: Rafael Vicente González. Na súa liña. Non contentou nin a propios nin extraños.

Incidencias: Uns 100 afeccionados. Bo ambiente nunha boa tarde para o disfrute do fútbol.

Partido moi disputado, onte en Campaña, e cun resultado que a todas luces foi moi xusto. Si ben o Furia levou o peso do xogo durante todo o encontro, quizais foi o Sar o que tivo máis e máis claras ocasións de gol; e solamente unha tarde magnífica do noso porteiro Peixe (que sacou catro ou cinco man a man prodixiosos) salvaron o resultado. Álvaro adiantou ó Furia, pero pronto o equipo de Extramundi igualou a contenda. O próximo domingo o Furia ten un compromiso dificilísimo en Dodro diante do actual líder da categoría, pero si queremos aspirar a algo, é nestes compromisos onde se ten que dar a verdadeira talla. Será ás 4 e media da tarde.

El Crack:  Peixe

As intervencións de San Peixe volveron ser decisivas para o Furia

Vaia día!Perreta

Outro día sen amosar a súa calidade

El dandy: Xavi Cotón

A súa visión de xogo foi o faro do equipo

El duro: Manolito Pontellón

Quixo ser coma Mene…

XUVENÍS: FURIA-DODRO (1-1)

Alineacións:

Furia: Carlitos (2), Pipe (2), Pepe (1), Borja (2), Xoan Carlos (2), Adriansinho (1), Pascolo (0), Pó (1), Lorenzo (2), Malekinho (1), Potel (0)—Diego Fernández (0), Serxio (0).

Dodro: Adrián, Uxío, Dani, Rubén, Martín, Roi, Fran, Diego, Fabián, Batalla, Dopazo—Álvaro, Alexandre, Villar.

Campo: Municipal de Campaña.

Colexiado: Manuel Blanco Dios. Bo arbitraxe en liñas xerais.

Incidencias: De 60 a 80 afeccionados, bastantes deles de Dodro.

Partido intenso, pero no que os chavales non tiveron demasiada sorte. A pesar de non ser dos mellores encontros que disputaron esta campaña, mereceron a victoria. De tódolos xeitos, salvaron un punto in extremis, e siguen na boa senda de resultados, que lles poden facer subir na súa motivación e porque non seguir escalando postos na tabla clasificatoria. O próximo sábado (sen hora aínda fixada), asistiremos a un intenso derbi en Campaña, xa que se enfrontan como visitantes ó Cordeiro. Como se diría !!!!Vamos Furia¡¡¡¡¡

CADETES: INICIO DE LIGA.

Este fin de semana pasado xogaron un amistoso contra o Cordeiro, e o resultado foi de Cordeiro 6- Furia 3. Pero cando as cousas se poñen serias será o vindeiro domingo en Campaña ás 11 da mañá, xa que se inicia o campionato ligueiro, recibindo ó Tordoia. A vindeira semana, ademais da crónica do encontro, publicaremos os nomes de todos os compoñentes do plantel e unha entrevista co adestrador Peke.

Parte dos cadetes posando durante un adestramento.

ALEVÍNS-BENXAMÍNS

Algúns dos rapaces que conforman os Alevíns e os Benxamíns antes de comezar a adestrar.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *