XORNADAS DO 31DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO

AFECCIONADOS: DODRO-FURIA (3-1)

Alineacións:

Dodro: Martín, Xosé, Carlos, Diego, Pablo, Valentín, Fernando, Diego Gómez, Xosé Anxo, Rodrigo, Xosé Ramón–Xerardo, Mauricio, Xoan, Rubén, Xabier.

Furia: Peixe (2), Paja (1), Patxi (1), Rañó (1), Nena (2), Xabi (2), Ferro (1), Nevero (1), Pincho (1), Perreta (1), Álvaro (1)—-Klá (1), Flores (1), Lilu (0)

Colexiado: Anxo Moledo Becerra. Arbitraxe case perfecto. Sen complicacións. Os xogadores portáronse moi ben.

Incidencias: Mala entrada para ser un partido tan importante, pero o día desapacible e que fose día de todos os santos axudou. Terreo de xogo en boas condicións.

O fútbol demostrou onte que non sempre é xusto. Non é que o Furia merecese a victoria, pero tampouco merecía a derrota, ou polo menos non tan abultada como sinala o resultado. O noso equipo quizais xogou a mellor primeira metade de toda a temporada, pero non sacou tallada, e rematou con 1 a 0 en contra. Xa na segunda metade, os fallos defensivos sobre todo a balón parado, fixeron que o Dodro marcase dous tantos máis. A partir de aí, os nosos desfondáronse e si non chega a ser pola boa actuación de Peixe, o resultado podería ser máis abultado. O Dodro amosou que é un claro candidato non só ó ascenso, senón tamén a ser campión. O próximo domingo, ás 4, outro partido importante diante do segundo clasificado, o Val do Ulla, en Campaña. Hai que gañar ou xa se quedarán descolgados.

XUVENÍS: CORDEIRO-FURIA (2-1)

Equipo do Furia o Sábado no derbi contra o Cordeiro.

De pe (de esquerda a dereita): Borja, Pipe, Pascolo, Carlitos, Malekinho, Po, Xoan Carlos, Diego F., Carlos Potel, Ferro, Cacharrito-adestrador- e Polo-delegado-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Serxio, Pepe, Fran, Quique, Brais Kuriña, Rubén, Adriansinho e Ovitwo.

Equipo do Cordeiro que xogou o sábado con Oscar Xil ó frente.

Alineacións:

Cordeiro: Pablo, Marco, Xabier, Samuel, Rubén, Alex, Xabier Magán, Diego, Rubén García, Moisés— Valero, Martín, Diego Pardal, Isaac e Rubén Castroagudín.

Furia: Carlitos (1), Quique (2), Pepe (2), Borja (1), Xoan Carlos (1), Adriansinho (2), Brais Kuriña (2), Po (0), Rubén (1), Malekinho (2), Pipe (1)—Pascolo (0), Diego Fernando (2), Carlos Potel (-).

Colexiado: Segundo Tubío. Bo arbitraxe en xeral. Solamente un pequeno lunar: no segundo gol do Cordeiro, o balón sobrepasara a liña de banda; deixou seguir, e a xogada acabou en gol.

Incidencias: Gran ambiente, cunha gran asistencia de público, tanto do Furia como do Cordeiro; aínda que con maioría de afeccionados do Furia. Bo comportamento das afeccións que demostraron que saben comportarse ben, a pesar da gran rivalidade existente.

Non hubo sorte, e o Furia acabou cedendo no derbi, aínda que de maneira totalmente inxusta. Bo encontro dos dous equipos. Seguramente o resultado xusto sería o empate, pero o fútbol é así. O gol do Furia foi anotado por Malekinho. O próximo os chavales de Polo e Cacharrito, parece que teñen un rival asequible (aínda que no fútbol non hai nada escrito); xa que se enfrontan ó Esquio de Rois, o vindeiro sábado, ás 4, en Campaña.

Manuel Blanco: delegado do Cordeiro, no seu papel protocolario

<

Grupo numeroso de afeccionados do Furia, co melenillas do Presidente e o adestrador do Furia.


Foto que reflexa a tensión vivida nos banquiños, pero de discutible estética.

CADETES: FURIA-TORDOIA (1-2)

Alineacións:

Furia: Christian (1), Miguel (2), Johnys (2), Alex (2), Adrián Casal (2), Adrián Santos (2), Xose (1), Dani (2), Lucas (1), Brais (1), Samuel (1)—-Alex Rial (1) e Kevin (1)

Tordoia: Adrián, Iván, Omar, Pallas, Xoan Xosé, Fernando, Anxo, Diego, Samuel, Cancela, Iván Rodríguez— Xabi e Christian.

Colexiado: Xesús Nogareda Gómez. Mal arbitraxe, perxudicando en varias fases do encontro ó equipo local.

Incidencias: Pouco público, sobre todo debido á intensa chuvia que acompañou ó encontro durante toda a mañá.

Non foi nada xusto o resultado o fútbol neste primeiro envite ligueiro. Mereceron algo máis os chavales do Furia, que a pesar de xogar gran parte do encontro cun home menos, mereceron polo menos o empate, ou incluso a victoria. Pero outra vez será. O gol foi anotado polo debutante Dani Santos de Santa Mariña. O vindeiro domingo viaxan á Bastavales, para enfrontarse ó equipo local, ás 11 da mañá.

ALEVÍNS: ENCONTRO AMIGABLE. FURIA-BERTAMIRÁNS (4-5)


Equipo titular contra o Bertamiráns.

De pé (de esquerda a dereita): Cassano-adestrador-, Brais (1), Alex (1), Borja (1).

Aniñados (de esquerda a dereita): Piñeiro (1), Samuel (1), Anxo (2) e Serxio (2).

Colexiado: Xenaro Barreiro Ferro. Un pouco fondón.

Bo partido, con moita alegría e moitos goles; e onde os asistentes o pasaron moi ben. Os goles do Furia, foron anotados por Serxio (3) e Samuel (1). Amosaron que estes rapaces poden facelo moi ben esta campaña. O próximo encontro amigable está aínda sen concretar.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *